Skip to Content

Taller de prevención da dor de costas

Estimadas familias:

Grazas á colaboración da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria, no día de hoxe tivemos a primeira das dúas sesións programadas co fin de sensibilizar e previr a dor de costas.

Houbo unha presentación na que aprendemos coma os estilos de vida que adoptamos é un dos factores principais na aparición desta problemática. Levamos como tarefa un rexistro da actividade física diaria para realizar durante unha semana e probamos algúns snacks de exercicio como ferramenta de utilidade na loita contra o sedentarismo.

Está claro que un enfoque de saúde integral precisa de accións coordinadas dende diversas institucións se queremos acadar cambios perdurables. Un exemplo destas iniciativas a podedes atopar no seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/Familia. Onde tedes dispoñible información e recursos de utilidade.

Recibide un cordial saúdo e a seguir activos e saudables!

 



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut