Skip to Content

Actuacións de fin de curso

("Clic" na foto para acceder ao enlace)

Estimadas familias, remata un curso escolar marcado principalmente pola situación sanitaria pero coa satisfacción de ter recuperada a normalidade neste último trimestre.

Necesitábamos volver as nosas dinámicas de traballo, porque foron moitas as actividades condicionadas polos protocolos vixentes e poucos os momentos compartidos por todo o alumnado.

Por fin, onte puidemos realizar un novo festival de fin de curso, con actuacións, cos ánimos dos compañeiros e compañeiras e coa alegría de cantar e bailar todos xuntos.

Certo é que dadas as características do noso patio non era recomendable as aglomeracións propias destas celebracións e tivemos que restrinxir a asistencia ás familias do alumnado que remataba etapa. Por iso vos deixamos un enlace coas diferentes actuacións.

Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.

Recibide un cordial saúdo!

 



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut