Skip to Content

Hemeroteca Proxectos Europeos

 

No  curso escolar 2018-2019, a escola estivo participando no Proxecto "A Year around Europe" xunto con centros de Alemania, Chipre, Eslovenia, Francia, Italia ,Noruega , Polonia, Suecia e Reino Unido.Compartimos as actividades que facemos en todas as Materias, especialmente as que teñen que ver coas nosas tradicións. As profes comunicávannse en Inglés pero o alumnado puido traballar na súa lingua materna.Parte da colaboración neste Proxecto complementouse coa Formación de futuros profes na Universidade de Leeds coa embaixadora británica Diana Lindford, Sally Ost e Lisa Madden no proxecto etwinning 2018-2019 no que participaron os alumnos en prácticas da Facultade de Educación da Universidade de Vigo, alumnado do Grado de Filoloxía Inglesa da USC e a nosa auxiliar de conversa Tara.
Tamén estivemos a traballar en español con nenos e nenas de Finlandia, Francia, Italia e a República Checa no proxecto:
La comida en tu país y en el mío - un proyecto para principiantes de español

 Os nenos e nenas de 4º e 5º tiñan un amiguiño-a en Finlandia, na escola Eestinkalliou en Esbo , cós que manteñen correspondencia en español, cartas de Nadal, chats, pequenas mensaxes de correo electrónica, grazas ao Proxecto Intercambio de cartas Finlandia-España.

O alumnado de 3º de Primaria estivo traballando os problemas do plástico neste trimestre coa axuda das súas familias. Este problema preocupa a moitas ecolas de todo o mundo coas que compartimos inquedanzas no Proxecto Zero Waste.No segundo trimestre iniciamos un novo Proxecto secuela do anterior ,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna:C.E.I.P Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira en Aldán, Cangas. Tivo continuidade no vindeiro curso escolar.

Curso 2019-2020

Este curso escolar seguimos có Proxecto iniciado no segundo trimestre do curso pasado,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna: CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe Tirán de Moaña. Foi desenvolto nas clases de Plástica en Inglés.

 Nese curso escolar traballarmos nun novo Proxecto, no que compartimos as actividades dos Proxectos desenvolvidos na escola ,especialmente aqueles que afectan ao consumo responsable e respecto do medioambiente: "ecoTwinning all year round"  con: Alemania, Croacia, Eslovenia, Estonia, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido e outras escolas da contorna.

Compartimos as lecturas de noso alumnado con escolas de Hungría ,Italia , Polonia, Portugal, Turquía e outras comunidades autónomas españolas,  reflexionando sobre as lecturas que son máis motivantes para estas idades no proxecto:

EU READING: THE EUROPEAN COMMUNITY OF READERS.

 

Este ano tamén colaboramos coa Universidade de Leeds no Proxecto de Formación de futuros profesores có profesorado en Prácticas da Universidade de Vigo no proxecto Trainee Twinning.

Participarmos coas promotoras do Proxecto Zero Waste, nun breve proxecto  nunha semana concreta de novembro, do 18 ao 22 de  con centros de moitos países nunha actividade de observación do tempo metereoloxico para comparar o nosos clima e ver como os cambios que se produciron nos últimos anos nas escolas dos países participantes no Proxecto World Weather Watch November 2019.

As actividades que levamos  a cabo na proposta da Asociación dos amigos do Camiño Portugues na área de Plástica , tamén foron compartidas cós centros participantes nun Proxecto sobre “O Camiño Portugués”.

Procuramos formar ao profesorado e alumnado en prácticas no uso da plataforma para poder conseguir una maior implicación cara a futura participación en proxectos Erasmus+.

No período de peche da escola particpamos nun novo proxecto con escolas de Portugal e Polonia: ClimACT News. Neste novo proxecto, os nenos e nenas de 6º de Primaria compartiron as actividades que realizaban en Lingua Castelá, Matemáticas e Plástica en Inglés durante o confinamento .

Convirtíronse en intrépidos reporteiros medioambientais que "viaxaban" dende 2121 realizando traballos de investigación, entrevistas e moitas outras actividades!

curso 2020-2021

Un ano maís colaboramos con escolas de outros países no Proxecto World Weather Watch 2020 facendo actividades de observación do tempo integradas nas distintas materias , de forma similar ao traballo realizado no curso pasado.

Como parte da proposta do equipo de Biblioteca da escola , ese curso levamos a cabo o Proxecto "Artistas no Camiño"  no que colaboramos con escolas polas que pasa o Camiño de Santiago como o Instituto Giner de los Ríos de Lisboa, centro de titularidade española. Ese curso escolarfoi dende Lisboa a Pontevedra . Este proxecto terá continuidade neste curso escolar coincidindo coas datas do Ano Xacobeo.

Curso escolar 2021-2022

Durante o curso esclra 2021-2022 A escola estivo partipando nos seguintes Proxectos Europeos:

Ven conhecer esta terra

Someplace to visit, Someone to know , Something to taste

Welcome Spring e Eric Carle´s Mixed Animals Book.

Estes dos últimos acadaron selo de calidade.

Curso escolar 2022-2023

Gdje se Božić sakrio? /Kam se Božić skril?/Have we lost the Christmas Spirit? 

¡Un colegio saludable!/ Uma Escola Saudável!A healthy school!/ 

“Leitura divertida... Escrita criativa.”

Plan Proxecta: Patrimonio cultural europeo en colaboración en el programa eTwinning.

Curso escolar 2023-2024

 Arcimboldo "Healthy Arts"

 

Arcimboldo "Healthy Art"

 

 https://school-education.ec.europa.eu/es/etwinning/projects/arcimboldo-healthy-art/twinspace

 

 



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

page | by Dr. Radut