Skip to Content

O Mandadiño polo Entroido 2024

Estimadas familias, este ano retomamos o Mandadiño para celebrar a semana de Entroido. Adiantámosvos as intruccións de cada día para que poidades estar preparados:

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Agardamos que vos animedes a participar!!!

 

Conmemoración do Día da Paz

 

Estimadas familias:

Este ano baixo o lema “Camiñamos xuntos para levarnos mellor” todo o alumnado participou desta celebración organizada dende o equipo de biblioteca escolar.

O alumnado de 6º deu lectura a un manifesto elaborado dentro das clases e que serviu de reflexión sobre a nosa contribución ao exercicio da non violencia en todas as súas formas.

Coa axuda de todas as nenas e nenos realizamos un mural que recolle estes desexos a través de diferentes pisadas e, como en toda festa, houbo música: “Capaz pola Paz”

Achegamos unhas poucas fotos e un enlace ao vídeo co manifesto. Esperamos que vos guste.

Recibide un cordial saúdo,

 

O equipo docente

Xornada de portas abertas

De acordo coa lexislación que regula a admisión do alumnado para o curso 2024-25, o prazo para realizar as solicitudes ordinarias de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

Por este motivo, queremos comunicarlles que os próximos días 20 e 27 de febreiro tedes a posibilidade de vir ao noso centro para que coñezades a oferta educativa do noso centro, presentarvos ao equipo docente e ensinaros as instalacións. Ademais, sempre é unha boa oportunidade para resolver dúbidas que poidades ter nesta próxima escolarización.

Co fin de organizar mellor esta visita agradeceríamos que nos deixarades no correo do centro ceip.froebel@edu.xunta.gal o nome do voso fillo/a e un teléfono de contacto.

Esperamos que esta información vos resulte de utilidade.

Un saúdo cordial,

O equipo directivo

Programa escolar de froita e leite

Estimadas familias:

Dende o pasado venres estamos distribuíndo froita nos tempos de recreo e para o finais de mes haberá briks de leite a disposición do alumnado que o desexe.

A froita será de excelente calidade e o leite estará amparado polo réxime de calidade “100% Galego”.

Esperamos que sexan moitos os alumnos e alumnas que se animen a tomar estas merendas saudables.

Un saúdo cordial,

 

O equipo directivo.

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut