Skip to Content

blogue deEquipo directivo

Proxecto eTwinning Arcimboldo “Healthy Art”

Estimadas familias:

Como centro Etwinning, tentamos desenvolver proxectos en comunidade con diferentes escolas de Europa e inquietudes de traballo similares. Con “Arcimboldo Healthy Art” o noso alumnado realizou investigacións sobre hábitos saudables de alimentación, recreando as obras de arte do famoso pintor italiano do século XVI.

Ademais de traballar na aula virtual privada do TwinSpace, https://school-education.ec.europa.eu/en/networking/projects/160300 tamén facemos videochamadas para poñer en contacto ao alumnado dos diferentes centros que comparten este proxecto.

Confiamos en seguir aproveitando as oportunidades que nos ofrece esta plataforma europea para desenvolver as competencias e potencialidades do noso alumnado.

 

 

 

 

Presentación do curso 24-25 para as familias de 4º Ed. Infantil

Bo día:

Confirmamos que o próximo día 26 de xuño, mércores, ás 11:00 realizaremos unha reunión informativa coas familias do alumnado que comezará en setembro no curso de 4º EI.

Nesta xuntanza trataremos temas coma o período de adaptación, os seus horarios, aspectos de organización da etapa de infantil e as dúbidas que teñades ante a próxima escolarización.

O prazo para formalizar a matrícula será dende o 20 ao 30 de xuño.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

Distinción eTwinning School

Estimadas familias:

No día de onte recibimos a comunicación oficial de que o noso centro acadou a distinción eTwinning School: https://www.edu.xunta.gal/portal/etwinning/selos-e-premios

Esta mención supón o recoñecemento dos nosos proxectos de innovación e de traballo colaborativo. Tamén é un paso máis cara a internacionalización da nosa escola, proceso no que temos que seguir avanzando nun contexto diverso e inclusivo coma é o actual.

Achegamos un par de enlaces con información da Comunidade de escolas eTwinning e misión deste programa:

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning

https://school-education.ec.europa.eu/system/files/2024-05/school_mission_final_en.pdf

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

Axudas para libros de texto e material escolar. Curso 24/25

 

Estimadas familias:

Informámoslles de que segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar  este martes, 21 de maio, abre o prazo para solicitar as axudas correspondentes para o vindeiro curso 2024/25.

§  Destinatarios

 

-          Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP

 

-          Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

 

-          Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP (O vale para a adquisición de material escolar vai dirixido a todas as familias con renda per cápita igual ou inferior aos 10.000€, con dous tramos de renda).

 

-          O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

 

§  Forma de presentación

 

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude.

Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

 

-     No centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

-          Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

§  Prazo

Do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

 

 

§  Documentación

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

 

Toda a información recollida no portal da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut