Skip to Content

Xuntos podemos!

Un agasallo da  A.N.P.A da escola. Esperamos que vos guste tanto como a nós¡

                Clica na imaxe para ver o vídeo

https://twitter.com/ceip_froebel

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21

 

AS SOLICITUDES PODEN:

-COLLERSE NO CENTRO EN PAPEL, CUBRIR, ASINAR E PRESENTAR

-CUBRIR NA APLICACIÓN DA XUNTA admisionalumnado E LOGO IMPRIMIR, ASINAR E PRESENTAR NO CENTRO

-OU PRESENTAR NA SEDE ELECTRÓNICA CON CERTIFICADO DIXITAL OU CHAVE 365. LEMBRAR ADXUNTAR O ANEXO II BIS ASINADO MANUALMENTE E ESCANEADO.

 

LEXISLACIÓN

DECRETO DE 2012

ORDE DE 2013

ORDE DE 2017

  

DOCUMENTACIÓN DO PROCESO

Calendario

Documentación a presentar

Información relevante

Perímetro da zona de influencia

Presentación solicitude

Vacantes

Resolución sorteo letras desempate

(VER O DOCUMENTO “DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA BAREMO”)

Novas

NOVOS ESPAZOS NA PÁXINA DA ESCOLA                    

Temos novidades na páxina da escola para que esteades máis ao tanto do que fan os vosos fillos e fillas nas aulas ou otros espazos da escola ou nas saídas complementarias:
No Blogue Pequenos Artistas poderedes ver que ben o pasan en Infantil nas clases de Arte.
Tamén nalgunhas aulas como   Cuarto Curso , e outras que podedes atopar no apartado "Blogues do Centro", xa aparecen actividades deses niveis.
Do que acontece no Proxecto Deportivo de Centro infórmavos o profe Pedro e as actividades que compartimos con centros europeos na páxina de eTwinning.
Na Blogue da Biblioteca recóllense actividades do Proxecto Documental Integrado e non deixedes de visitar a páxina da A.N.P.A onde sempre os agardan actividades moi interesantes para realizar en familia.

 


 Neste Entroido acordamos revestirmos de “Choqueiros” dado que estamos traballando nun proxecto de consumo e reciclaxe da roupa.

Para este disfraz serve calquera prenda de calquera época sen ter en conta criterios estéticos.Así que, buscade pola casa, nos trasteiros, armarios. arcóns... roupa  dos pais, nais avós, avoas, parentes ...etc   e todo o que se vos ocurra para argallar un disfraz ben orixinal.Contamos con tod@s o venres día 21!

Este ano o Mandadiño irá informando durante a semana o que temos que ir traendo de luns a xoves:

 "O luns 17, trae na cabeza algo con lixeireza"

"O martes 18, no pescozo ponte algo ben fermoso"

"O mércores 19, quedarás coa nosa mirada se traes a cara (ou parte dela) maquillada"

"O xoves 20, adornarás os teus pés ou serás un cempés"

No venres 21, como cada ano, teremos desfile, festa e a merenda de Entroido cos produtos característicos desta celebración, polo que agradecemos a  vosa colaboración.

 

https://twitter.com/ceip_froebel

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut