Skip to Content

Información "DigitalWeek" para as familias

 

Estimadas familias:

Xa temos o programa coas actividades e horarios do campamento de inmersión lingüística que se realizará do día 9 ao 15 de outubro (tede en conta que a documentación fai referencia á primeira quenda que comezará unha semana antes, pero os horarios e organización é a mesma, soamente avanzando as datas 7 días)

Prestade atención ás recomendacións de roupa, de utilidade senón hai moita experiencia neste tipo de actividades e á información adicional para o correcto desenvolvemento das xornadas.

Nos próximos días enviaremos por papel a documentación necesaria para entregar cando cheguedes ás instalacións.

Recibide un cordial saúdo,

Unha visita moi especial!

Este venres houbo sorpresa. Javier Gómez Noya, 12 veces campión do mundo, medalla de prata nas Olimpíadas de Londres e referencia mundial do tríatlon, estivo no noso centro compartindo unha xornada de promoción da actividade física e dos estilos de vida saudables.

A través da Fundación "Pho3nix Kids" Javi compartiu a necesidade de facer deporte, non só para a saúde física, senón tamén para o noso benestar emocional e para adquirir valores de compañeirismo, xogo limpo e esforzo.

 

Unha mensaxe que posteriormente puido compartir co alumnado máis pequeno mentres participaban en xogos e probas para ver as súas cualidades físicas.

 

Dende o CEIP P. Froebel queremos darlle as grazas e ao equipo comandado por Víctor Riobó que fixeron desta xornada unha día moi especial para todos nós. Un pracer!

 

 

Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa: “Digitalweek”

Estimadas familias:

Quixéramos comunicarvos que o noso centro foi seleccionado para participar co alumnado de 6º no programa de inmersión lingüística a través de actividades dixitais.

Este programa xurde da necesidade de adquirir competencias que lles permitan traballar en equipo, desenvolver o seu espírito crítico e habilidades comunicativas na lingua inglesa.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37906

Deste modo, o alumnado participante neste campamento contará con actividades formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adaptada á súa etapa educativa.

  • Esta actividade é voluntaria e poderán participar un máximo de 25 alumnos/as.
  • Realizarase en réxime de internado no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo).
  • As datas son do 9 ao 15 de outubro.
  • As familias encargaranse da organización do traslado do alumnado ao centro residencial así como da súa recollida ao seu remate. A Consellería e os centros educativos non asumirán os gastos derivados destes desprazamentos.

 

Dado o carácter reducido das prazas concedidas debemos establecer os seguintes pasos para confirmar a listaxe de alumnado participante:

1. A condición inicial é ter aprobada a área de lingua inglesa no pasado curso.

2. Comunicarase por escrito ao titor/a dos vosos fillos/as o interese en participar en dita actividade; de acordo coas condicións establecidas na Resolución do 29 de xuño de 2022. (https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/29_06_22_digitalweek-publicos_final_asinada.pdf)

3. De ser maior o número de solicitudes recibidas que as prazas concedidas, realizarase un sorteo este mércores día 21.

Esperando que sexa do voso interese esta iniciativa, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo directivo

Reunións cos titores/as

Estimadas familias:

Deixamos a relacións das próximas reunións para presentar o curso.

Nesta xuntanza poderemos comentarvos as normas de organización e funcionamento, orientacións sobre os contidos curriculares a desenvolver e as principais actividades programadas.

Esperamos contar coa vosa asistencia xa que é de gran importancia manter unha liña de traballo común e dar resposta ás dúbidas que teñades en relación ao proceso educativo dos vosos fillos e fillas.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut