Skip to Content

Entradas e saídas durante o mes de setembro

 

Estimadas familias:

Ante a situación de obras no interior do patio non será posible recibirvos neste comezo de curso, como viñamos facendo nos últimos anos.

Nas entradas accederá soamente o alumnado, exceptuando os nenos e nenas que se incorpora na etapa de infantil e que teñen un período de adaptación. As reunións de comezo de curso programaranse dende o mes de setembro e recibiredes información puntual das súas convocatorias.

Presentamos agora a organización das entradas e saídas a seguir mentres non estean rematados os traballos na cuberta.

Entradas

- Grupos de 4º de infantil, 5º de infantil e 6º de infantil: Poderán entrar na zona cuberta de acceso ao centro. O alumnado de 3 anos seguirá as quendas establecidas no período de adaptación.

 

- 1º e 2º de primaria: Estarán na beirarrúa de Xeneral Martitegui agardando a que toque o timbre e se lles chame para acceder de xeito ordenado pola entrada de infantil. Nestes primeiros días haberá carteis para que cada grupo saiba onde agruparse e profesorado axudando nas entradas.

 

Temos que xestionar as entradas deste xeito xa que o acceso de infantil está condicionado pola limitación de espazo como poderedes ver.

 

 

 

- Grupos de 3º, 4º, 5os e 6º de primaria: Agardarán na praza de Concepción Arenal, agrupados co seu curso. A entrada realizarase pola porta principal de madeira.

Tamén haberá carteis identificando a cada nivel e profesorado para axudar á organización.

 

Saídas

Á hora de recoller ao alumnado seguiremos a mesma estrutura:

- Infantil e alumnado do 1º ciclo de primaria entregaranse na porta negra por grupos, comezando pola etapa de infantil.

- 2º e 3º ciclo de primaria sairán acompañados co profesorado que lle corresponda á Praza Concepción Arenal.

 

Confiamos en que a choiva nos respecte nestes primeiros días para ter unha maior axilidades nos accesos ao centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

 

Información sobre o proxecto E-Dixgal

Estimadas familias:

O noso centro leva participando dende a primeira convocatoria neste proxecto de libros dixitais, co fin de integrar as TIC na práctica educativa e desenvolver as novas competencias que require o alumnado.

Así, nun proceso de mellora permanente, cada ano impleméntanse cambios na xestión dos contidos e nas funcionalidades dos portátiles; apostando por un modelo “híbrido” de ensino-aprendizaxe que mestura o dixital cos soportes físicos e tradicionais.

Achegamos agora unha primeira información, orientada para as familias que se incorporan a este proxecto, tendo en conta que o martes día 24 realizaremos unha reunión explicativa para presentar novidades, normas de funcionamento e retos que supón o traballo dende esta plataforma E-Dixgal.

 

Un cordial saúdo,

O equipo directivo

Listaxe de material escolar

Estimada familias:

Facilitamos a listaxe de material das diferentes titorías. O primeiro día de clase entregarase unha copia a cada alumno/a. Calquera dúbida sobre esta relación, agradeceríamos que a solucionarades directamente coa titora ou titor dos vosos fillos/as.

Sería desexable que para o día 16 xa contáramos con este material dentro das aulas.

Un saúdo cordial e moitas grazas pola vosa colaboración,

Benvidos ao curso 2024-25

O próximo mércores día 11 comezaremos as clase, co servizo de madrugadores e de comedor no seu horario habitual.

Nos próximos días facilitaremos máis información sobre a entrada deste primeiro día, xa que non será posible reunirnos no patio debido as obras de reforma.

Recibide un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut