Estimadas familias:
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, proximamente realizarase a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos.
De acordo co Artigo 30 do Decreto 92/1988, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que estará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servicios.
Por este motivo, informamos da realización do Sorteo público o próximo martes día 15, ás 12:10 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes) e, segundo o resultado anterior, enviar as citacións correspondentes para a constitución da Xunta Electoral.
Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,
O equipo directivo