Skip to Content

'


ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA:

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

 Segundo o Artigo 2º da citada Resolución as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024.

 Na reunión da Xunta Electoral celebrada en 22 de outubro, decidiuse que o prazo de presentación de candidaturas será do 30 de outubro ao 11 de novembro e o día 19 as votacións en tódolos sectores. Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán solicitar un impreso no centro.

O censo electoral xa se pode consultar no taboleiro interior do centro, para que poidan comprobar se os datos son correctos e presentar as posibles reclamacións ata o día 30 de outubro.

 Animámolos a que presenten as súas candidaturas para poder participar deste modo na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

 Pontevedra, 23 de outubro de 2024.

 

O director,

Pedro M. Mariño Rivadulla

Eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, proximamente realizarase a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos.

De acordo co Artigo 30 do Decreto 92/1988, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de agosto, "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que estará integrada polo  director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servicios.

Por este motivo, informamos da realización do Sorteo público o próximo martes día 15, ás 12:10 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes) e, segundo o resultado anterior, enviar as citacións correspondentes para a constitución da Xunta Electoral.

Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Programa Educativo Digitalweek

Estimadas familias:

Dentro da estratexia para a o desenvolvemento da competencia plurilingüe do noso alumnado é de gran importancia a participación en iniciativas coma o campamento de inmersión lingüística que se realizará en Os Peares dende o 13 ao 19 de outubro.

O alumnado de 6º curso poderá ter a experiencia dunha semana con profesorado nativo realizando actividades complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

Achegamos a documentación coas normas e organización, así coma os diferentes horarios. Na próxima semana entregaremos toda a documentación necesaria para a súa participación.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut