Eventos
Os curso de 6º de primaria presentáronse ao concurso "Deseña o teu disfrace seguro" organizado polo Instituto Galego de Consumo a nivel autonómico.
Logo de recibir unha sesión de formación, na que lles explicaron diferentes aspectos dun consumo responsable; tiveron que deseñar un disfrace e incluír a súa correspondente etiquetaxe.
Finalmente, entre os 25 gañadores, resultaron premiadas 2 das nosas alumnas: Paola Mariño e Clara Chouza.
NORABOA AS GAÑADORAS!
Aquí deixamos os enlaces das noticias publicadas ao respecto:
Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, realizamos un gran mural e fixemos a plantación de pensamentos, flor favorita ta poetisa.
Podedes ver algunhas das fotos dese día pinchando no enlace e o vídeo no facebook do cole ("O tempo en Frións").
Esta é a coreografía de "Terra" que crearon Noa e Gloria de 5º curso para todos e todas nós.
Imos preparala durante este mes, e xunto co CEIP O Grupo, bailarémola moi pronto de maneira conxunta (aínda que na distancia).
Esta iniciativa forma parte do proxecto "Móvete +", no que partcipamos este ano.
Agora toca ensaiar... A BAILAR!!!
COREOGRAFÍA DE "TERRA" POR NOA E GLORIA