Skip to Content

Aliméntate ben

ÚLTIMA QUENDA DE REPARTO DE FROITA

 

Nesta segunda semana do mes de maio estamos a  desfrutar da nos última quenda de reparto e desgustación de reparto de froita de froita fresca.

É unha mágoa porque que rica está!!!

 

mazás

 

plátanos

 

 10 de maio

 

peladillo xoves 11maio

 

 peras 12 maio

Excursión a Baiona

Nesta viaxe a Baiona, dentro do programa O Sabor da Aventura está no Mar, Gustavo ensinounos moitas cousas :

*Que a matrícula dunha embarcación se chama "folio"

*Cando o folio comeza por 3 é unha embarcación de pesca, e se empeza por 7 é unha embarcación de recreo.

*Aprendimos moitas palabras relacionadas co mar: nao, nasa, rede, cama, bolla, áncora, proa, popa, timón...

*Na lonxa vimos percebes e xogamos a subastar peixe!

*Probamos ourizo, estaba rico e sabía a mar.

*Vimos un cormorán pescando muxos e aprendimos nomes de peixes como rodaballo, lirio, pescada, sardiña, raia, bacallao...

*Finalmente fomos ao mercado e merendamos albóndigas de pescada e estrelas de atún. Despois nos agasallaron con gorras e con pegatinas dos diferentes peixes.

 

REALMENTE FOI UNHA BOA AVENTURA!!!



VISITA AO MERCADO DO PROGRESO

O día 2 de maio todos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria visitamos o mercado do Progreso. Ademáis de aprender como facer a compra aprendemos moito sobre a dieta saudable. Tamén fixemos de cociñeiros e cociñeiras. Aquí tedes o resultado!

 

Reparto de froita e porcentaxe

A derradeira semana do mes de abril, houbo reparto de froita. 

 

En Matemáticas estamos a traballar as porcentaxes e as regras de 3; así que, aproveitando estas situacións, e despois de ter elaborado gráficas de datos en oppen office calc das froitas consumidas a diario, fomos quen de prantexar preguntas do tipo que podes ver na seguinte presentación:

 

Como podes ver, a froita sirve para todo; alimenta o noso corpo e a nosa mente!

CHEGA O FROITO.

Que ben traballaron os nenos e nenas do cole na horta!  Que ben a coidaron!  Plantando e regando,  empregando produtos naturais para preservar a saúde e  o entorno, colaborando e axudando todos/as... E, como non podía ser doutra maneira, chegaron os resultados. Aí temos  estas magníficas leitugas  que  permitirán disfrutar dunha deliciosa comida e, asemade, seguir os hábitos de alimentación saudable polos que tanto se traballa na escola a través do programa Aliménta-T ben, impulsado pola profe Montse.

Distribuir contido


by Dr. Radut