Skip to Content

Aliméntate ben

XORNADA ACOLLIDA NO INSTITUTO

Hai un par de semanas os nosos alumnos e alumnas de 6º  visitaron o IES ROU como xornada de acollida para o próximo curso académico. No momento da merenda poderon degustar lambetadas, pero tamén saborosas froitas.

MOITAS GRAZAS !!!

instituto 2017

 

 

acollida insti 2

 

insti acollida 2107

 

MURAL PAREADO DA FROITA

Os alumnos e alumnas de 4 anos decoraron o corredor da súa planta cun fermoso mural sobre a froita e os beneficios que aporta.

mural froita infantil

SON UNS VERDADEIROS ARTISTAS !!!

 

REPARTO DE FROITA

Xa rematamos o reparto de froita fresca pero ainda temos que amosaros uns vídoes onde os rapaces e rapazas de Infantil  saboreamos a froita

 

 

 

 

Marmelada de framboesa

Outra maneira de tomar froita é facendo marmelada. Non é tan saudable como comer a froita directamente do arbusto xa que leva azucre engadido, pero é unha boa maneira de variar o noso almorzo xa que a podemos untar en torradiñas de pan. Pódese facer de moitras froitas. Neste caso a froita escollida é a framboesa. Ten forma de mora, pero é vermella como os amorodos. E a súa sabor? Pois... nin mora, nin amorodo... Ten un sabor único... a framboesa!!!

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

o sabor da aventura

Volveron ao colexio as aventuras dos Arroases, un grupo de peixes e moluscos co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da comunidade e de incidir e equilibrar as súas axudas alimenticias.

Forma parte do Programa proposto pola Consellería do Mar dentro  do Plan Proxecta:

ALIMÉNTATE BEN.

o sabor da aventura...

Se premes aquí, accedes ao álbume

Deixámosvos tamén  o acceso á paxina dos arroases onde podedes atopar vídeos, xogos, receitas saborosas...

enlace sabor aventura

Distribuir contido


by Dr. Radut