Skip to Content

Aliméntate ben

ANIVERSARIO SAUDABLE

parabens

A alimentación saudable no noso colexio é máis que evidente, xa que no curso de 4° A, Nicolás celebrou o seu aniversario, agasallando aos seus compañeiros e compañeiras bananas que estaban decoradas con moito « gusto ».

bananas aniversario
 
MOITAS GRAZAS NICOLÁS !!!

 

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

                                         

  Lembrades que o primeiro día que subimos á biblioteca este curso, Frianciño propúxonos formar o Club dos Supersaudables no cole.  Repartiunos a cada clase un calendario de merendas saudables e para cada alumno e alumna o seu propio pasaporte saudable.

 

  Pasaron dous meses dende aquel día e seguro que o noso mouchiño  está moi contento porque este Club está funcionando xenial!

 

  A Comisión Saudable, formada por profes e os alumnos de sexto, encárgase cada mes de recoller os calendarios de merendas de todas as clases do cole. Calculan as porcentaxes dos alumnos e alumnas que traen todos os días merendas saudables, evitando deste xeito a bollería industrial. Unha vez cotexados os resultados, todas as clases que superan o 75% de merendas saudables ó mes teñen premio seguro.

 No mes de outubro comezou a funcionar a Comisión Saudable, pero aínda estaba a iniciarse nas súas funcións. Valoraron os resultados e o premio que concederon  foi dez minutos máis de recreo para as clases que conseguiron a cuota prevista.

  Neste mes de novembro foron perfeccionando o seu traballo e o premio que otorgaron foi extraordinario.

   No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que o mes de novembro foi un mes supersaudable no cole Frian.

 

 

  

            GRAZAS PROFE ÁNGELA  POLA SESIÓN DE BAILE

E GRAZAS A TODOS E TODAS POR SER TAN  SUPERSAUDABLES!

 

 

Batido quitapenas

O alumnado de 4 anos B continúa co seu segundo obradoiro de receitas de cociña. Esta vez fixeron un batido quitapenas moi saudable e enerxético e ademais inauguraron para a ocasión o super da aula. Non vos perdades todo o proceso!!

 

Resultado de imagen de dibujo niño cocinero

OS COCIÑEIROS de Infantil

 

cartel cociñeiros

A clase dos Cociñeiros(4 anos B) traballan no proxecto deste curso facendo diferentes  actividades. No rincón de arte traballamos “A Cociña de debuxos” de Hervé Tullet  e facemos manualidades de froitas como as sandías.

pratos

 

sandías

 

5º B no seu Venres de Viva Voz

Esta semana  os alumnos e alumnas de 5º B presentan no seu Venres de Viva Voz outra receita

 Terroríficamente Saudable “Bombóns de froitas”. Ademais de preparar este prato, estiveron investigando na historia dun aparello de cociña moi utilizado, o microondas. Engadindo a súa exposición un detallado informe sobre os cambios de estado.

                                       

       Disfrutando e aprendendo na cociña!!

                                              

          GRAZAS 5º B

 

Distribuir contido


by Dr. Radut