Skip to Content

BÚSQUEDA DO TEUSOURO: OS SONS DE ÁFRICA - 6º curso de Primaria

A música tradicional africana está moi ligada á vida e ás tradicións. Está relacionada cos acontecementos importantes (o nacemento, a adolescencia, a morte, as colleitas...) e tamén coa relixión. Pero, ademais de ser un canto á vida, a música africana é tamén un instrumento de denuncia social contra a inxustiza e a discriminación.

Moitos dos instrumentos tradicionais africáns son hoxe, grazas á globalización, coñecidos noutros lugares do mundo.

Imos agora a traballar algúns deles:

djembé – sanza ou mbira – kora – balafon

1. Describe os instrumentos anteriores.

2. Organízaos segundo a clasificación de von Hombostel.

3. Copia da Internet as fotografías destes instrumentos.

4. Busca en Internet o son destes instrumentos. Baixa o arquivo e gárdao no ordenador.

5. Forma un equipo cun compañeiro ou compañeira da túa aula.

6. Organiza un sinxelo power-point de catro diapositivas. En cada unha incluirás:

o nome do instrumento

o grupo de instrumentos ó que pertence

a fotografía do instrumento

o son do instrumento

7. Engade diante unha diapositiva máis co título, e outra ó final cos nomes das persoas que tendes participado na confección do power-point.

http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/instrumentos_musicales.htm

 

Para aprender a facer un power - point, consulta o titorial do seguinte enlace.



page | by Dr. Radut