Prezadas familias:
Esperando que vos atopedes ben e pasarades un verano o mellor posible queremos comunicaros que o Equipo do Frian, leva preparando durante este verán unha volta ás aulas o máis segura posible. Somos coñecedores de todas as incertidumes que tedes, pero aquí seguimos para acompañarvos nesta volta ás aulas con moita ilusión e resposabilidade.
Moitas son as normas que imos ter que cambiar para evitar aglomeracións e posibles contaxios. O documento que nos guía na elaboración do noso Plan Covid 19 é o protocolo editado pola Xunta do 22 de Xullo e modificado o 31 de Agosto.
Queremos contarvos o noso "Plan Covid" nunha reunión presencial ó aire libre ou telemática (o que decidades) antes de empezar as clases.
Os temas a tratar na mesma serán as distintas medidas organizativas adoptadas como horarios de entrada e saída, portas de entrada e saída, quendas de recreo, circulación polo colexio e patios, última hora de comedores-aula matinal-extraescolares, en definitiva, novas normativas coas teremos que convivir.
Se ides asistir presencialmente tede por descontado que cumpriremos as medidas sanitarias recomendadas, usando máscaras, xel hidroalcohólico e gardando a distancia de seguridade. Soamente poderá vir un adulto por alumno/a, non podendo vir acompañados dos/as nenos/as. Todos/as asistentes seres identificados/as na entrada á reunión. Abriremos a porta do patio 5 minutos antes da hora sinalada no cuadro inferior.
Debemos ser moi puntuais tanto para a reunión presencial como para a telemática.
Para os que optedes por asistencia telemática enviarémosvos por Abalar móvil as instrucións a seguir.
MARTES 8 DE SETEMBRO | |
Educación infantil 3 anos |
11:00-11:30 |
Educación infantil 4 anos |
11:45-12:15 |
Educación infantil 5 anos |
12:30-13:00 |
1º de primaria |
16:00-16:30 |
2º de primaria |
16:45-17:15 |
3º de primaria |
17:30-18.00 |
4º de primaria |
18:15-18:45 |
5º de primaria |
19:00-19:30 |
6º de primaria |
19:45-20:15 |
Esperámosvos, xuntos e xuntas sairemos adiante!
Benvidos/as o curso escolar 2020/21!