Skip to Content

PARQUE FORESTAL DE SAIANS

parque forestal saians

O día 19 de Maio o noso curso fixo unha visita ao parque forestal de Saians. Alí disfrutamos da natureza e da paisaxe e, sobre todo, aprendemos moitas cousas novas sobre os montes, a tradición...

Visitamos un muíño antigo e a monitora explicounos como funcionaba. Alí, dende hai séculos, a xente moía o trigo para obter fariña.

Se estabamos todos calados podíase escoitar o son dos paxaros, a auga correndo polos regatos... respirábase a tranquilidade!

Tamén víamos as illas Cíes: Monteagudo, Montefaro e San Martiño.

Tamén nos falaron das árbores: as autóctonas, (como o carballo), as foráneas, (como o eucalipto), as de folla caduca, (como o castiñeiro)  e as de folla perenne, (como o piñeiro).

O malo foi que non puidemos ver ningún mamífero, nin ningún ave pero, de todas as maneiras, pasámolo moi ben. (Por Antía Otero, 5ºA)



page | by Dr. Radut