FONDO SOLIDARIO. AMPLIACIÓN AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

A consellería ven de aprobar unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50€, para concederlles 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.

Normativa: Resolución 5 outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Destinatarios: alumnado que foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.

Recollida de vales: a partir do día 18, do presente mes, dende as 10:00 hr ata as 13:00 hr.

* O vale deberá de empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro do 2022.