Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo Dinamización Lingüística

O Equipo de Dinamización Lingüística está integrado polos seguintes membros: 1. Fernández Ruiz María Lourdes 2. González Alonso María Jesús 3. Prado Abril Montserrat Coordinadora: Fernández Reinaldo Eva

Está soando...

Está soando

Concerto didáctico Conservatorio Vigo

Grazas ao alumnado e profesorado do Conservatorio Superior de Música de Vigo polo marabilloso concerto didáctico ao que asistimos o xoves 29 de febreiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Puidemos escoitar entre outras as seguintes obras:

-A vida é bela de Nicola Piovani.

-O reloxo sincopado de Leroy Anderson

-A sinfonía dos xoguetes de Mozart.

-A máquina de escribir de Leroy Anderson

-Orfeo nos infernos "danza" de J. Offenbach

Moitas grazas de novo por facernos desfrutar coa vosa música!!

Álbum: Sen categoría -> concerto didáctico

Está soando...

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia a ritmo da canción "O xogo da carrasquiña".

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo

Proxecto Lingüístico CEIP Fontes Baíña 2023-2027

 

Clica na imaxe para ler o PROXECTO LINGÜÍSTICO

Samaín 2023

 

Pincha na imaxe para reproducir o vídeo

*II concurso LETRAS GALEGAS 2022*

 

A Asociación Cultural e Social de Baíña en colaboración co noso CEIP e o Concello de Baiona organiza o *II Concurso das Letras Galegas*. Nosas alumnas e alumnos inspiráronse na obra da querida artista baionesa LULA GOCE.

¡Sorte a todas e todos os participantes!

O domingo 22 de maio realizarase o acto para conmemorar o día das LETRAS GALEGAS no CEIP FONTES BAÍÑA e farase entrega dos premios aos 5 gañadores/as.

Esta semana no colexio disfrutamos dun fermoso concerto homenaxe a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.  MOITÍSIMAS GRAZAS a SAMUEL SOTO e ao Grupo de integración ARDELUME !!

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> concurso debuxo LETRAS GALEGAS 2022

Imaxinación sostible polo S A M A Í N

Para ver os traballos realizados polo SAMAÍN preme nos enlaces:
 
 
 

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021

Co gallo das Letras galegas 2021 a Asociación Cultural e Social de Baíña organizou un concurso de debuxo inspirado na obra de CAÍNO.

O sábado 15/05 ás 12:00 h no pavillón do colexio, seguindo as medidas de hixiene e seguridade, realizouse un fermoso acto coas seguintes actuacións:

 

  • Exposición dos debuxos realizados polos nosos/as alumnos/as
  • Actuación do grupo de integración ARDELUME.
  • Presentación da canción adicada a XELA ARIAS por SAMUEL SOTO con Ardelume.
  • Presentación do libro de CAÍNO VASCONCELLOS: "Os ollos no tempo", por Anxo Lemos.
  • Entrega de premios aos mellores 8 debuxos:

 

1º premio: MARÍA  CRUZ ESTÉVEZ MARCOTE - VECIÑA de BAÍÑA

2º premio: IRIA VILA ÁLVAREZ - 2º EP

3º premio: TAIS BLACH RODRÍGUEZ - 6º EP

4º premio: UXÍA RODRÍGUEZ ANDRÉ - 6º EP

5º premio: CARMEN PÉREZ DA CUÑA - 5º EP

6º premio JULIA MUÑOZ SILVA - 6º INFANTIL

7º premio: ALEIX LORENZO VILA - 4º EP

8º premio: MIGUEL GIL GONZÁLEZ- 1º EP

 

Noraboa a todos a e a todas: participantes e premiados!!

Grazas á Asociación Cultural e Social de Baíña, a Caíno, Anxo Lemos, Samuel Soto, Ardelume, Baíña en rede, Concello de Baiona, alumnado e familias! 

É un orgullo para o CEIP abrir as portas ao ARTE e á CULTURA de Baiona.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021
Distribuir contido


by Dr. Radut