Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo de Biblioteca

No curso 2020-2021 O Equipo de Biblioteca Escolar está integrado polos seguintes mestres: 1. Fernández Ruiz Luis María 2. Romero Filgueira Marcos 3. Souto Valiñas Judith Coordinadora: Fernández Colmenero Noelia

Recomendacións lectoras

Como cada ano cando remata o cole, desde o equipo de Biblioteca Creativa queremos animarvos a que continuedes a ler durante todo o verán e, por iso, recomendámosvos algúns exemplares que cremos, poden ser do voso agrado.

Picade na imaxe para ampliar.

Aproveitamos para desexarvos un bo verán!

 

Biblú agárdavos en setembro con moitas novidades!

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

SEMANA DO LIBRO CON BIBLÚ…

Esta semana conmemoramos con BIBLÚ a semana do libro con diversas actividades como. intercambio de libros entre o alumnado, elaboración de flores o 23 de abril, lecturas compartidas no período lector, e os máis peques continúan recibindo as súas familias que nos descubren contos maravillosos! 

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO.

OBRADOIRO DE LETTERING- Día do libro.

Esta semana no obradoiro de lettering fixemos un marcapáxinas polo Día do libro.

 

Taller de lettering 8M

No taller de Lettering que realizamos esta semana traballamos o 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

 

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa na escola,  as clases de 4º e 5º de Primaria participamos nunha actividade na que recibimos a visita dun xornalista que traballa na Voz de Galicia, Jorge Noya.

En primeiro lugar contounos en que consiste un periódico, cales son as súas seccións e como se organizan e outras moitas curisiodades relacionadas co seu traballo.

A continuación, en grupos, realizamos unha noticia a partir dos titulares que nos repartiu Jorge. Todos eles estaban relacionados co noso municipio.

Podedes ver algunhas fotos que resumen o que fixemos durante a actividade a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Semana da prensa

Taller de lettering de Nadal

No taller de Lettering do mes de decembro decoramos bólas de

Nadal.

CELEBRAMOS CON BIBLÚ O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este martes conmemoramos con BIBLÚ o Día das Bibliotecas e o seu primeiro aniversario!

PARABÉNS, Biblú!!

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

 

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

VÍDEOS do concerto na Biblioteca Creativa

Para conmemorar o día da Paz, o día de Rosalía de Castro e o 8 de Marzo, o alumnado de educación primaria interpretaron tres cancións ao remate do 2º trimestre.

Noraboa a todos e a todas , foi moi emotivo e fermoso escoitar cantar aos nosos alumnos e alumnas acompañados/as ao piano pola mestra de música Eva Fernández Reinaldo.

 

A continuación podedes ver os vídeos:
 
VÍDEO 1: ALUMNADO 1º e 2º de EP
 
Video 2: ALUMNADO DE 3º e 4º de EP
 
Video 3: ALUMNADO DE 5º e 6º DE EP
Distribuir contido


by Dr. Radut