Ola a todas e todos!
Espero que tanto vós coma as vosas familias estedes en forma para afrontar esta etapa tan difícil, pero que seguro que si lle poñemos ganas e ilusión, aproveitaremos o tempo mellor!
Esta información que vou colgar na páxina web do centro, é para todo o alumnado que queira disfrutar dun ratiño de lecer, pero sobre todo para o alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria. Ao longo deste trimestre tratarei de realizar videochamadas en grupo ou individual, a través da webex co alumnado co que traballo habitualmente, e así podremos vernos as caras!!!! Si non fose posible buscaríamos a mellor maneira de facelo. De todos modos enviarei un correo as familias para manter o contacto diario e poder coordinar as sesións de traballo con elas. Faremos distintas actividades en cada sesión relativas a: Habilidades sociais, autocontrol e relaxación, autoestima e autoconcepto, emocións e sentimentos, resolución de conflictos, psicomotricidade fina e grosa, lecto-escritura a través de contos e cancións, reforzo das materias sobre todo nos cursos superiores, manexo das novas tecnoloxías... Eu estou aberta a suxerencias e por suposto tratarei de resolver dúbidas e axudar na medida das miñas posibilidades ás necesidades que vaian xurdindo.
Moito ánimo e adiante!!!!!!
Se premedes a continuación veredes o enlace para instalar no voso computador: WEBEX (plataforma necesaria para facer as videochamadas). Enviarei un correo as familias para convocar as reunións. Estade atentas/os!!!!
Descargar WEBEX no ordenador https://www.webex.com/es/downloads.html
Alumnado de 2º Ed. primaria
(Recomendado tamén para Ed. Infantil e 1º ciclo de primaria)
Semana do 27 de abril ao 1 de maio
1ª sesión
Obtén información actualizada sobre COVID-19.
Emna y Oliverio (COVID-19) (9:09)
Actividade: Colle un boneco e explícalle a algún membro da túa familia que é o
Covid-19.
Actividade: Vai ao cuarto de baño e practica o lavado de mans.
Actividade: Aprende e canta a canción.
Ejercicio "Respira" para niños (1:59)
Actividade: Agora e o teu turno, túmbate e practica a respiración.
HAY SECRETOS – Canticuénticos (3:56)
Actividade: Xa sabes que é un segredo. Tes algún segredo que debas contar aos teus
pais?
LA HISTORIA DE MIMO Y LAS EMOCIONES (3:45)
Actividade: Debuxa os emoticonos das emocións.
Actividade: Que é a xustiza para tí? Conta algunha experiencia na que non fosen xustos
contigo.
2ª sesión
Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.
Giraluna, girasol - Canción infantil – Cantoalegre (3:30)
Actividade: Debuxa un eclipse de sol.
Emociones y sentimientos | Canciones infantiles | LBB Junior (1:54)
Actividade: Sentícheste así algunha vez? Que sucedeu no colexio para que te sentiras así?
Como se solucionou?
Actividade: Quen forma parte da túa familia? Hai algún membro da túa familia que non
coñezas?
3ª sesión
Actividade: Tócache practicar. Visualiza o video outra vez e trata de repetir os exercicios.
Chacarera de los Gatos - Canciones para Soñar | Petits Habitants (2:33)
Actividade: A donde van os gatos? Por que? En que van? Que lles pasou ali? Que é a
“chacarera"?
Acitividade: Imita os saúdos según a emoción ou sentimento que representa.
La Gran Pregunta - Mascotas (Capítulos completos) (5:05)
Actividade: Tes algunha mascota? Que animal é? Debúxate coa túa mascota.