bibliotecas

 

 

Animación á lectura

Recomendacións lectoras

Como cada ano cando remata o cole, desde o equipo de Biblioteca Creativa queremos animarvos a que continuedes a ler durante todo o verán e, por iso, recomendámosvos algúns exemplares que cremos, poden ser do voso agrado.

Picade na imaxe para ampliar.

Aproveitamos para desexarvos un bo verán!

 

Biblú agárdavos en setembro con moitas novidades!

Canción Biblú

Para rematar a conmemoración da Semana do Libro, realizamos un vídeo musical entre todas e todos. 

Cada aula inventou unha parte da letra da canción e unha coreografía.

Podedes ver o resultado da que xa é a nosa canción da Biblioteca Creativa clicando na imaxe.

 

Taller de lettering 8M

No taller de Lettering que realizamos esta semana traballamos o 

8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

 

Taller de lettering de Nadal

No taller de Lettering do mes de decembro decoramos bólas de

Nadal.

Recomendacións lectoras para Nadal

Chegou o Nadal e con el queremos recomendarvos algunhas lecturas para esta

época do ano. Pinchade nas imaxes para acceder ao arquivo.

 

Agardamos que sexan do voso agrado

 

Dende o Equipo de Biblioteca Creativa aproveitamos para desexarvos a todas e

todos que pasedes un agarimoso Nadal!

 

BIBLÚ agárdavos á volta con moitas sorpresas....

 

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

Somos protagonistas dos nosos LIBROS FAVORITOS!

HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> 23 de abril do 2021: DÍA DO LIBRO

Día internacional da MULLER e a NENA na CIENCIA

Na semana do 11 de febreiro, día internacional da muller e a nena na ciencia, as nenas e nenos do CEIP tiveron que buscar pola biblioteca CÓDIGOS QR coas tablets, que redirixian a páxinas do libro: "LAS CHICAS SON DE CIENCIAS", investigaron sobre 6 MULLERES CIENTÍFICAS: foto ou debuxo, nome, data e lugar de nacemento, por qué foi importante, seu lema e algúns datos curiosos...

Tamén realizaron un EXPERIMENTO que nos permitiu poñerlle luz á nosa mascota FONTUGA!!

As nenas e nenos de infantil coñeceron a JANE GOODALL e a DIAN FOSSY, AMIGAS DOS GORILAS!

Achegamos o álbun con algunhas fotos das xornadas, organizadas coa colaboración do equipo TIC!

   

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

NADAL NA BILIOTECA

 

O equipo de Biblioteca organizou con moita ilusión a chegada do Nadal á nosa Biblioteca.

Ahegamos algunhas imaxes coas actividades propostas; Advento Lector, árbore de nadal e mural colaborativos así como algunhas actividades de repaso navideñas.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA E NOSA MASCOTA FONTUGA DESEXAMOSVOS

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> NADAL na Biblioteca

DÍA DAS ESCRITORAS "O esforzo cotián das mulleres"

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo, comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

 

As alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recitaron un poema de Elvira Riveiro. As redes de Inés. Xerais. 

 

CLICA NA IMAXE PARA PODER VELO!