LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS E VALES DE MATERIAL.
Adxuntamos as listaxes provisionais de admitidos/as no fondo de libros de texto e vales de material. Para a súa consulta comprobade os últimos catro díxitos do DNI dun dos proxenitores.
Dende o Xoves día 9 ata o Venres día 10 podedes pasar a recoller os vales en horario de 10:00 a 13:00.
Adxuntamos tamén a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar. Informámos que:
O alumnado de PRIMEIRO debe mercar todos os libros.
O alumnado de SEGUNDO debe mercar todos os libros agás o de Relixión.
O alumnado de TERCEIRO, que sexa beneficiario do fondo de libros so debe mercar o cadernillo de Inglés, o libro e cadernillo de música e o libro de Relixión de ser o caso. Se non fose beneficiario do fondo debe mercalos todos.
O alumnado de CUARTO, so deberá mercar o cadernillo de Inglés e o libro e cuadernillo de música.
O alumnado de QUINTO, traballará este curso co proxecto E-Dixgal polo que so deberá mercar o cadernillo de Inglés
O alumnado de SEXTO, so deberá mercar o cadernillo de Inglés e o libro e cuadernillo de música.
Calquera dúbida poñervos en contacto co centro.
Un saúdo
O equipo directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
listado de vales ceip fontes baiña 2020.ods | 19.03 KB |
listaxe DEFINITIVA de fondo de libros 2020 2021 ceip fontes baiña-1.ods | 17.35 KB |
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO.odt | 527.89 KB |
- 369 lecturas