O luns día 9 de marzo do 2020 conmemoramos o
Día Internacional da M U LL E R~8 de marzo ~
coa inauguración de dous
Recunchos Lectores da I G U A L D A D E.
Estos recunchos son por e para as nosas alumnas e os nosos alumnos!
Foron inaugurados da man da Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona:
YASMINA MOREIRA COSTAS.
E contamos cos seguintes convidados/as de honra:
- Alcalde de Baiona: CARLOS GÓMEZ PRADO
- Inspectora de Educación: MARGARITA PÉREZ FROIZ
- Concelleiro de Educación de Baiona: ÓSCAR CARREÑO MINIÑO
- Directora do CIM de Baiona: ELENA OTERO RODRÍGUEZ
- Asesor de Bibliotecas Escolares-zona sur: PACO DÍAZ REY
- Presidenta da nosa ANPA: VICKY FERNÁNDEZ PULIDO
- Directora do CPI Cova Terreña: ISABEL MARTÍNEZ CABALEIRO
- Directora da Escola Infantil A Galiña Azul: Mª TERESA RODRÍGUEZ GARCÍA
- Responsable en Igualdade do noso centro: CELIA ABELLA FERNÁNDEZ
- Mestres do CPI Cova Terreña
- Mestres do CEIP Fontes Baiña
- Alumnas e Alumnos do centro
- Persoal non docente
Os protagonistas do acto foron os nosos alumnos e as nosas alumnas, representados/as neste día por:
YESSICA, HÉCTOR e TAIS de 5º de Ed.Primaria
MARCOS, DANIELA e SAÚL de 6º de Ed. Primaria
Falaron da Igualdade e invitáronnos a pensar sobre ela.
Non cabe dúbida que recibiron un fortísimo aplauso!!!
Como remate o CEIP Fontes Baiña convidou a un "brunch" na Biblioteca do centro.
Con este acto quixemos visibilizar a importancia de traballar e comunicar en IGUALDADE dende a raiz, que é a EDUCACIÓN dos máis pequenos e pequenas.
Moitísimas GRAZAS a todas e a todos
pola AXUDA, o ESFORZO e o TRABALLO REALIZADO.
Álbum: Sen categoría -> Recuncho de igualdade