PROXECTA 2019-20
Neste curso 2019-20 o CEIP Fontes Baiña participa nun Proxecta en Educación Patrimonial, exactamente sobre o Camiño de Santiago que transcorre pola nosa vila.O Proxecta leva por título: SOMOS UN CAMIÑO DE 9´7, sendo o número exactos de kilometros que hai de camiño en Baiona.
Os PROXECTA son unha iniciativa da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan competencias clave como eixo do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Fundamentalmente o que pretende é a mellora da calidade educativa por medio da innovación, motivación , traballo activo e ser centro de boas prácticas en materia educativa.
- 72 lecturas