Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

3 DE XUÑO: XOGOS TRADICIONAIS EN GONDOMAR

 

Máis de 300 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria reunironse en Gondomar para celebrar os tradicionais xogos populares.
Repartidos en equipos duns 15 alumnos/as puideron xogar á comba, ás chapas, facer carreiras de sacos, etc.

Foron un total de vinte xogos onde cada un é unha estación, así que o alumnado terá que mostrar as súas habilidades e estar preparado para cambiar de estación cada sete minutos, cando soe a bucina.

Este evento organízase a través dos Equipos de Normalización Lingüística dos colexios, que pretende crear un espazo onde os nenos e nenas poidan compartir o galego como lingua para intercambiar as experiencias vividas nas xornadas, á vez que se fomenta o espírito deportivo e os hábitos saudables.

Enlace ao vídeo realizado polo Concello de Gondomar.



story | by Dr. Radut