ALMORZO SAUDABLE
O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria este luns fixeron un almorzo saudable.
O almorzo é moi importante nas primeiras etapas de vida. Os nenos/as que non almorzan teñen menos rendemento escolar, posiblemente por falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.
É moi importante distribuir a inxesta calorífica en 5 comidas ao día: almorzo, merenda, comida, merenda e cea.
O leite é un dos elementos básicos nos almorzos. Un almorzo debe conter: froita, lácteos e cereais, tempo e compaña.
O pan ou os cereais constitúen a base da pirámide nutricional como parte dos alimentos que hai que consumir a diario.
- 151 lecturas