A TRASTENDA DOS CONTOS
CAXOTO CONTACONTOS LEVA MÁIS DE 6 ANOS TRABALLANDO DE FORMA TRANSVERSAL CONTIDOS RELATIVOS Á IGUALDADE. CADA CONTO, CADA CANTIGA, CADA XOGO BUSCA RACHAR UN ESTEREOTIPO DE XÉNERO, FOMENTAR A COEDUCACIÓN,... EN DEFINITIVA NORMALIZAR ENTRE AS VINDEIRAS XERACIÓNS A IGUALDADE.
NESTA SESIÓN, QUE TIVEMOS HOXE, RECOLLE A EXPERIENCIA ADQUIRIDA NESTES ANOS PARA CREAR UNHA SESIÓN DIVERTIDA, EMOTIVA E FANTASIOSA NA QUE NENOS E NENAS APRENDEN OS BENEFICIOS DE VIVIR EN IGUALDADE.
GRACIÑAS AO CIM DO CONCELLO DE BAIONA, POR POTENCIAR ESTE TIPO DE ACTIVIDADES.
HOXE, CONTOUNOS O CONTO DE "LAURA QUERÍA SER PIRATA". LAURA É UNHA NENA TÍMIDA Á QUE LLE DA MOITA VERGOÑA FALAR EN PÚBLICO PERO CANDO ESTÁ SOA NA HABITACIÓN CAMBIAN AS TORNAS E CONVÉRTESE NUNHA PIRATA. OS SEUS LIBROS FAVORITOS SON OS DE PIRATAS, NOS SEYS DEBUXOS OS PROTAGONISTAS SON OS PIRATAS, ENCÁNTANLLE AS PELÍCULAS DE PIRATAS,... TANTO LLE GUSTAN OS PIRATAS QUE LAURA DE MAIOR QUERRÍA SER PIRATA... PERO PSSSS, NON DIGADES NADA POR QUE A ELA DÁLLE VERGOÑA QUE SE RÍAN DELA E NON LLO DIXO A NINGUÉN.
NESTA AVENTURA A TRAVÉS DA IMAXINACIÓN E COA AXUDA DAS PISTAS QUE A SÚA NAI LLE DEIXA A TRAVÉS DAS FIGURAS DE PAPIROFLEXIA, LAURA VAI DESENTRAÑANDO ONDE SE ATOPA O TESOURA QUE TANTO ANHELA: "SER PIRATA TAN SEQUERA POR UN DÍA". POLO CAMIÑO DEMOSTRA SER LISTA, TENZA, HÁBIL, RÁPIDA,... E O QUE É MELLOR DEMÓSTRALLE Ó INCRÉDULO DO SEU IRMÁN QUE AS MULLERES TAMÉN PODEN SER PIRATAS E CALQUERA OUTRA COUSA QUE SE PROPOÑA.
- 62 lecturas