Skip to Content

                      

 

 

 

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

PRESENTACIÓN DO PROXECTO O NOSO COLE: UNHA FONTE DE IGUALDADE

 

 

 

Boas familia,

Este ano iniciamos un proxecto de actividades encadradas nas axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo Concello de Baiona.

Grazas a este programa temos varias actividades no centro en horario escolar abordando a convivencia, a corresponsabilidade e a educación sexual.

Paralelamente a ANPA organizará para as familias unha intervención presencial de 2 horas de duración con persoal experto en educación sexual que consistirá nun obradoiro participativo no que as familias podamos entender conceptos básicos de sexualidade adaptada á etapa vital na que se atopan as nosas crianzas.

Ainda así, como sabemos cada familia é única e ten necesidades concretas, para isto está habilitado un correo electrónico de referencia (amaturigabinete@gmail.com) e un teléfono (623911212) para dar resposta individualizada a consultas concretas que podan xurdir ao longo dos meses que dura o programa (outubro e novembro) para as familias socias da ANPA. Este asesoramento “on line” será totalmente confidencial e se levará a cabo de forma asíncrona coas persoas profesionais encargadas do programa.

Esperamos que as actividades teñan unha boa acollida e que podamos seguir avanzando no acompañamento do alumnado do centro.



promocionado | by Dr. Radut