App de comunicación abalarMóbil para familias
abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móvil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables que estén suscritos ás notificacións recibirán os avisos nos seus dispositivos móviles
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudiantes cando son legalmente responsables de sí mesmos.
Ás familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
- Acceder ó datos persoais
- Consultar as cualificacións
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Consultar as faltas de conduta
- Solicitar una cita de titoría
- Consultar os datos do centro educativo
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Consultar os incidentes creados polo profesorado
- Modificar o idioma da aplicación
Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten cómo obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e éste.
Como obter a app:
- Pode obter a app nos marketplaces da Xunta de Galicia en Google Play ou en App Store:
|
|
|
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/servicios-digitales/app-de-comunicacion-abalarmobil-para-familias
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20221201_abalarMobil_manual_V8.pdf | 2.53 MB |
- 78 lecturas