ROMPER OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
Entre os obxectivos do proxecto "A igualdade: un mar de oportunidades" está romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.
Co apoio da Universidade de Vigo, o alumnado de quinto e de sexto participou o venres 19 de novembro nunha charla sobre as novas masculinidades a cargo de Sabela Salgueiro Couto.
A investigadora do Grupo en Saúde, Sexualidade e Xénero da Facultade de Educación e Traballo Social, coordinado pola catedrática María Lameiras, impartiu unha actividade dinámica e participativa seguintes obxectivos:
- Desenvolver entre o alumnado a capacidade de identificar condutas sexistas e de actuar fronte a elas
- Fomentar o respecto e o bo trato entre homes e mulleres así coma o respecto cara á diversidade sexual e de xénero.
- Axudar o alumnado a reflexionar e ofrecerlle estratexias que lles permitan previr ou erradicar do seu entorno persoal e social a desigualdade e a violencia de xénero.
A través desta actividade pretendeuse tamén visibilizar as mulleres científicas contemporáneas e espertar a vocación investigadora entre as nenas e os nenas.
Co fin de traballar o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías da información e da comunicación, a actividade desenvolveuse a través de Campus Remoto, a plataforma de videoconferencia da Universidade de Vigo. As clases de quinto e de sexto conectáronse desde cadansúa aula e puideron interactuar con Sabela que se atopaba no seu despacho en Ourense, onde se atopa un dos campus da Universidade de Vigo.
Moitas grazas a Sabela e a Universidade de Vigo pola súa colaboración!
- 131 lecturas