Renovación Consello Escolar: PARTICIPA !!!
Estimada nai/pai/representante legal dos/as nosos/as alumnos/as:
Este mes de novembro temos que renovar o Consello Escolar.
O consello Escolar do centro é o organo a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade educativa. Para unha mellora real no funcionamento do CEIP é moi importante contar coa representación das familias, e, actualmente hai tres vacantes sen cubrir.
Hoxe constituiuse a Xunta Electoral que organiza e supervisa o proceso.
Animámosvos a presentar candidaturas e tamén a votar!!
Os prazos son os seguintes:
- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS COMO REPRESENTANTE DE NAI/PAI/TITOR-A LEGAL: DO 5 AO 16 DE NOVEMBRO.(modelo en arquivos adxuntos)
- XORNADA DE VOTACIÓNS DE REPRESENTANTE DE NAI/PAI/TITOR-A LEGAL: 25 DE NOVEMBRO (XOVES) no seguinte HORARIO: De 08:30 a 09:30; de 13.30 a 14.30; de 16:00 a 18:00H. Lugar: salón de actos do CEIP.
O censo está exposto no taboleiro interior da entrada principal ao CEIP.
O 17 de novembro ás 10:30 no salón de actos do CEIP realizarase o sorteo público para as mesas electorais.
Seguiremos informando sobre o proceso.
Participa!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PRESENTACION CANDIDATURA consello escolar.pdf | 118.77 KB |
resolución 20 setembro 2021.pdf | 845.43 KB |
- 189 lecturas