No día das Bibliotecas Escolares de Galicia *24 de outubro de 2022* con moita Alegría inauguramos a nosa BIBLIOTECA CREATIVA !!!
Ao acto de inauguración acudiron as seguintes persoas:
- SR XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA: CÉSAR ARES
- SR INSPECTOR DE EDUCACIÓN: EDUARDO SECO
- SR CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS: ÓSCAR MARTÍNEZ
- SRA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE: ROSA DOMÍNGUEZ
- DIRECTORA DO CPI COVA TERREÑA: ISABEL MARTÍNEZ
- SECRETARIA DO CPI COVA TERREÑA: MARU ÁLVAREZ
- COORDINADORA DA BIBLIOTECA DO CPI COVA TERREÑA: IRIA CHAPELA
- DONA MARGARITA PÉREZ, (nosa anterior e querida inspectora)
- DON XOSE MANUEL IGLESIAS: NOSO ASESOR ABALAR
- DON DIEGO BARREAL: COORDINADOR DO PLAN DIXITAL
- DON PABLO SUÁREZ: EDITORIAL SANTILLANA
- DONA ANA Mª ALAR: NOSA REPRESENTANTE DA ANPA
- CLAUSTRO DE MESTRES DO CEIP FONTES BAÍÑA
- ALUMNADO DO CEIP FONTES BAÍÑA
- O MAGO DAVID MÉNDEZ
Coa axuda do alumno +xoven de 4º de infantil- LUKA e a alumna máis maior de 6º de primaria- MARTA, cortouse o Lazo que deu por inaugurada a nova Biblioteca Creativa!!
O Mago David Méndez, cortesía da Editorial Santillana, realizou un fabuloso espectáculo de maxia e presentou á nova mascota: BIBLÚ.
Repartíronse as 2 mochilas viaxeiras: a mochila da Biblioteca Creativa e a mochila da Igualdade.
Para finalizar o acto realizamos fotografías e vídeos no Croma do novo espazo creativo.
O CEIP agasallou a todo o alumnado cun marcapáxinas e un doce.
GRAZAS A TODAS E A TODOS POR ACOMPAÑARNOS NUN DÍA TAN ESPECIAL E IMPORTANTE!!!
Álbum: Curso 2022-2023 -> INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA