Skip to Content

                      

 

 

 

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O pasado xoves tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de ECOPERCUSIÒN, no que tocamos instrumentos de percusiòn reciclados, nesta ocasiòn tocamos cubos con dúas baquetas e algúns ata puideron tocar bidòns!! Pròximamente será o turno para familias e profes, a ver se conseguen sonar tan ben coma os nen@s!

PRIMEIRO PASEO DO CURSO DOS PEQUES DE INFANTIL...

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE NO ÁMBITO DOS COIDADOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, presentou unha campaña de sensilibilizaciòn e corresponsabilidade no ámbito dos coidados.

Esta mañá puidemos ver o vídeo no que participaron moitas caras coñecidas da nosa vila, entre elas a familia dunha das nosas alumnas de Infantil!

Xa temos os carteis colocados polo noso centro e as chapas nas nosas casas.

Seguiremos traballando para que esta corresponsabilidade sexa efectiva!

 

 

 

 

 

 

ESTÁ SOANDO...

Servicio Integral de Reparación equipamento E-Dixgal

Nesta publicación podedes acceder á información referente as coberturas do equipamento do alumnado de 5º e 6º de Primaria que traballan co proxecto E-Dixgal.

É totalmente voluntario e as familias que desexen consultar a información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación poden facelo clicando na imaxe.

 

 

 

 

Así transcurriu o PERÍODO DE ADAPTACIÒN para os máis peques do cole!! Noraboa, peques!!

Información E-Dixgal para as familias

Xa temos dispoñible toda a información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal que se leva a cabo nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Clica na imaxe para acceder ao arquivo.

 

Benvida ao novo alumnado do CEIP Fontes Baíña

Ao inicio de cada curso escolar, con todo o noso agarimo e alegría damos a BENVIDA ao CEIP Fontes Baíña aos novos compañeiros e novas compañeiras que comezan o cole, e tamén damos a benvida ás novas profes!

O alumnado de 4º curso de Educación Infantil será recibido oficialmente ao inicio do próximo curso escolar, posto que esta semana está co Período de Adaptación.

Grazas ao alumnado de 6º de Educación Primaria pola súa axuda co paracaídas!

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Benvida ao novo curso escolar 2023-2024

Está soando...

Durante o curso 2023-2024...Canta, Baila, Emociónate!

Comezamos o curso 2023-2024 ao son de "We Go Together" 

O claustro do CEIP Fontes Baíña dámosvos a BENVIDA a toda a comunidade educativa ao novo curso escolar, no cal traballaremos como proxecto anual a música e a expresión corporal:

Canta, baila, emociónate!

*clica na imaxe para ver o vídeo*

Distribuir contido


by Dr. Radut