Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

As Conmemoracións e os seus Valores

ENTREVISTA EN 4º

Por mor do Proxecto As conmemoracións e os seus valores que este mes está dedicado ao Día Universal dos Dereitos do Neno e da Nena e que no Centro decidimos vencellar á importancia do Ensino, hoxe mércores día 28 de outubro recibimos en 4º a visita de Ana Giráldez, nai de Víctor, que veu contarnos como foi o seu comezo no Colexio de Fontes.

Ana estrenou o colexio en 7º de EXB e todo estaba moi moi noviño. Eran moitos máis en clase e aínda quedan profes daquela como Mino.

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

PROXECTO "CONMEMORACIÓNS E OS SEUS VALORES"

Estimadas familias, durante este curso imos traballar toda a comunidade educativa do CEIP de Fontes-Baíña a prol dunha conmemoración ao mes e os seus valores.

Neste primeiro trimestre celebraremos 3 importantes datas:
-Durante o mes de outubro o Día Internacional do Neno e da Nena (20 de novembro).
-O Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) traballarase durante o mes de novembro.
-E ao longo de decembro traballaremos sobre os valores que representa o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro).

ACTIVIDADE PARA OUTUBRO: LEMBRANZAS DA MIÑA ESCOLA

Durante as vindeiras semanas queremos coñecer as vosas lembranzas da escola de Fontes. Para elo, podedes recompilar fotos, anécdotas, materiais... que gardedes nas vosas casas e achegárnolas á escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut