Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo de Biblioteca

No curso 2020-2021 O Equipo de Biblioteca Escolar está integrado polos seguintes mestres: 1. Fernández Ruiz Luis María 2. Romero Filgueira Marcos 3. Souto Valiñas Judith Coordinadora: Fernández Colmenero Noelia

DÍA DO LIBRO: 23 de abril do 2022

Para conmemorar o DÍA DO LIBRO as nenas e nenos do noso cole -coa axuda das súas familias- crearon TÍTERES caseiros con materiais de reciclaxe!!!

Actualmente atópanse agardando pola nova biblioteca (que está en obras) na que serán os protagonistas de moitos CONTOS...

Na procura da igualdade

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizaou as seguintes actividades:

  1. Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade(marcados cunha pegatina violeta)
  2. Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo e Reflexión co alumnado.
  3. Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.

CONCERTO ARDELUME LETRAS GALEGAS 2021

Para conmemorar as Letras Galegas 2021 o grupo de integración de Baíña ARDELUME deunos un  fermoso concerto: LETRAS GALEGAS 2021 XELA VAN PARA TI!

Moitísimas GRAZAS!!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ARDELUME - LETRAS GALEGAS 2021

NA PROCURA DA IGUALDADE- 8M 2021-

 

Na semana do 8M,  a BILIOTECA do CEIP propuxo unha misión moi importante: buscar LIBROS DE IGUALDADE agochados polos estantes...

A recompensa nun principio non foi como agardaban, pero, tras unha boa reflexión repartiuse de xeito igualtario, posto que NENAS E NENOS desempeñaron o mesmo traballo!

 ESTAMOS XUNTAS e XUNTOS pola IGUALDADE!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> NA PROCURA DA IGUALDADE-8M-

30 de xaneiro: día da paz

A PAZ COMEZA CUN SORRISO.

TERESA DE CALCUTA

 

Non hai camiño para a paz, 

a paz é o camiño. 

GANDHI.

NOVIDADES DE FONTUGA!

Nosa mascota FONTUGA trouxo unha morea de CONTOS

para comezar o 2021 LENDO na nosa Biblioteca!!!

 

Día Mundial do LIBRO creativo!

Neste Día do LIBRO un tanto estraño decidimos dar VIDA ás nosas PORTADAS FAVORITAS! Clica no álbum e a ver se te atopas entre os teus/túas compañeiros/as!

GRAZAS a todas e a todos por participar!

Un traballo F A B U L O S O !

Álbum: Curso 2019-2020 -> DÍA DO LIBRO-23 Abril 2020

Día Mundial do LIBRO 2020

      

O Papagaio!

Estimados nenos e nenas:

No mes de febreiro suscribímonos á revista O Papagaio. Como non podedes lela na Biblioteca do cole adxuntamos en PDF o exemplar do mes de abril para que todas e todos poidades ler na casa. 

Fai clic en: O PAPAGAIO

Abrazos virtuais!!

 

 

Día do Libro-23 de abril-

ACHÉGASE O DÍA DO LIBRO -23 DE ABRIL- E PARA CONMEMORALO

TEMOS UNHA SORPRESA!CLICA NO SEGUINTE ENLACE PARA PORDER VELA:DÍA DO LIBRO

 

FONTUGA, A MASCOTA DA NOSA BILBIOTECA BÓTAVOS MOITO DE MENOS!

E PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO QUERE PROPOÑERVOS UN RETO!

CONSISTE EN:

  • RECREAR AS PORTADAS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS! con persoas peluches ou obxectos que encontredes pola casa...

 

 

  • Agardamos que participedes todas e todos e nos remitades as vosas portadas ó seguinte mail: fontuga20@gmail.com
  • Cando poidamos volver ó cole faremos unha EXPOSICIÓN na Biblioteca con todas as portadas recibidas!

U N

F O N T U A B R A Z O!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut