O Equipo de Dinamización Lingüística está integrado polos seguintes membros:
1. Fernández Ruiz María Lourdes
2. González Alonso María Jesús
3. Prado Abril Montserrat
Coordinadora: Fernández Reinaldo Eva
Co gallo da celebración do Samaín, pedímosvos desde o Equipo de Dinamización Lingüística que os vosos/as fillos/as traian, de xeito voluntario, unha cabaza decorada para a súa exposición que dará comezo o vindeiro luns 24 ata o venres 28 de outubro, remate da exposición e retirada das cabazas.
A temática para decoralas debe manter relación co proxecto interdisciplinar que se está a traballar para este curso: "As emocións a través da música".
Dentro do proxecto "As emocións a través da música", hoxe tratamos de crear un ambiente sonoro entre todo o alumnado do CEIP de Fontes-Baíña: os sons do outono que compartimos con todos vós.
Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, en Infantil pensamos formas de xogar sendo respetuosos co noso contorno. Mirade que forma más económica e sinxela de pasalo ben.
Máis de 300 alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria reunironse en Gondomar para celebrar os tradicionais xogos populares. Repartidos en equipos duns 15 alumnos/as puideron xogar á comba, ás chapas, facer carreiras de sacos, etc.
Foron un total de vinte xogos onde cada un é unha estación, así que o alumnado terá que mostrar as súas habilidades e estar preparado para cambiar de estación cada sete minutos, cando soe a bucina.
Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, unha das actividades foi a elaboración de xoguetes en colaboración coas familias na casa usando materiais reciclados. Estes xoguetes quedarán para xogar na escola.
Parabéns pola vosa creatividade e reutilización e reciclaxe de elementos para facelos! Sodes uns craks!
Rematando co proxecto "As conmemoracións e os seus valores" imos dedicarlle a segunda quincena de maio ao Día Mundial do Medio Ambiente. Temos previstas unha serie de actividades entre as cales podemos destacar a exposición de xoguetes realizados na casa con materiais reciclados que quedarán para xogar na escola, charlas sobre o Parque das Illas Atlánticas e outras actividades que xa se fixeron nos anteriores trimestres a fin de concienciar da importancia que ten o desenvolvemento sostible e o respecto pola Natureza.