Este curso, co gallo do proxecto As conmemoracións e os seus valores, imos celebrar un Entroido moi solidario.
E para comezar ben esta semana é importante estar atentos/as ao que o MECO mande.
LUNS 1: Se non queres pasar frío e estar calentorro, deberás traer un GORRO!
MARTES 2: Co tempo que fai se queres ir de parranda, non te esquezas a BUFANDA!
MÉRCORES 3: Se cando saes da casa tes dudas....
non o dudes, leva LUVAS!
XOVES 4: Se o frío queres combatir
en BATA debes vir.