Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo de Biblioteca

No curso 2020-2021 O Equipo de Biblioteca Escolar está integrado polos seguintes mestres: 1. Fernández Ruiz Luis María 2. Romero Filgueira Marcos 3. Souto Valiñas Judith Coordinadora: Fernández Colmenero Noelia

Campaña escolar de fotoprotección ISDIN

Esta mañá acudiu ao noso cole Vanesa, farmacéutica e nai da nosa alumna MARTA de 4º EP. Veu a presentarnos a campaña escolar de fotoprotección ISDIN. Tras arranxar algún problema técnico a presentación foi todo un éxito! Todas e todos os nenos e nenas do cole recibiron os consellos para fotoprotexer ben a pel! Tamén se lles fixo entrega de un diploma para que non esquezan a información recibida e agasallos como unha pulseira fotosensible e mostras de crema solar faciais que o próximo luns nos protexerán do sol, posto que iremos pasar o día ao monte de Nigrán (Monteferro).

Moitas GRAZAS á farmacia de CRISTINA LOPERENA de Baiona pola labor de concienciarnos sobre a importancia do hábito dunha protección solar axeitada dende a infancia.

 

ISDIN SUN LAB 26 ANIVERSARIO

Álbum: Curso 2020-2021 -> Campaña ISDIN

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona acudiu ao noso CEIP para impartir unhas charlas moi didácticas sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Grazas ao alcalde de Baiona CARLOS GÓMEZ PRAZO e á concelleira de medio ambiente ROSA MARÍA DOMÍNGUEZ RODA por acudir ao noso CEIP e colaborar nunha labor tan importante e necesaria como é a de concienciar ao alumnado da importancia de coidar a nosa fermosa vila.

As charlas foron impartidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, aos cales se lles fixo entrega dun díptico con toda a información (ADXUNTO). Presentaronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

No noso CEIP xa contamos con un composteiro, alégranos saber que nun futuro non moi afastado, instalaranse na maioría dos municipios.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO RECICLAXE

BOOKFLIX

Co gallo do día do libro entre tódos os nenos e as nenas do cole eleximos os

LIBROS QUE MÁIS NOS NAMORARON.

Cada aula elexiu coa súa titora o título do libro que máis lles gustou.

Como resultado obtivemos o seguinte

TOP TEN +1 CLÁSICO de libros recomedados:

Somos protagonistas dos nosos LIBROS FAVORITOS!

HOXE 23 de abril, para conmemorar o día do libro, viñemos ao cole caracterizados coa portada do noso libro favorito! Nosas profes fixeron de fotógrafas e reporteiras! Subimos ao escenario para contar por qué nos gusta ou gustou o libro e recomendalo. Apareceron títulos novos que serán añadidos aos fondos da Nosa Biblio!!! As fotos das portadas colgarèmolas no TENDAL DO DíA DO LIBRO, situado na entrada do cole. Agardamos que a situción mellore para que poidades visitalo!

MOITAS GRAZAS A TODAS E A TODOS POR PARTICIPAR!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> 23 de abril do 2021: DÍA DO LIBRO

CONTA CONTOS DA MAN DO ALUMNADO DO IES PRIMEIRO DE MARZO

As alumnas e alumnos do módulo ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL do IES PRIMEIRO DE MARZO viñeron ao noso cole para contarlles aos nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL varios contos de colleita propia!

Moitísimas grazas!!!

Álbum: Curso 2020-2021 -> CONTA CONTOS IES PRIMEIRO MARZO

ISABEL RISCO polo 8M

MOITÍSIMAS GRAZAS Á CONCELLERÍA DE IGUALDADE E AO CIM DE BAIONA POR AGASALLARNOS COA ACTUACIÓN DA ACTRIZ GALEGA ISABEL RISCO !!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ISABEL RISCO -8M-

MARGARITA PINO POLO 8M

OS CURSOS DE 3º E 4º DE EP TIVERON A HONRA DE COÑECER A MARGARITA PINO:

  • MESTRA
  • DOUTORA EN CIENCIAS DA EDUCACIÓN
  • INVESTIGADORA
  • CATEDRÁTICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Moitas grazas por compartir con nós as túas vivencias!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> MARGARITA PINO-8M-

OBRA DE TEATRO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- 6º EP

Co gallo do Día Internacional da Muller - 8M- ao longo de toda esta semana realizamos moitas actividades significativas, pero, a de hoxe foi moi especial!, posto que nosos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria puxeron moito esforzo e ilusión!

Interpretaron o conto DANIELA PIRATA para os/as nenos/as de Educación Infantil e foi todo un éxito!!!

Estamos moi orgullosas de todos e todas!

GRAZAS pola fantástica actuación!

Sodes MAXIA!

Álbum: Curso 2020-2021 -> DANIELA PIRATA por 6º EP

Día internacional da MULLER e a NENA na CIENCIA

Na semana do 11 de febreiro, día internacional da muller e a nena na ciencia, as nenas e nenos do CEIP tiveron que buscar pola biblioteca CÓDIGOS QR coas tablets, que redirixian a páxinas do libro: "LAS CHICAS SON DE CIENCIAS", investigaron sobre 6 MULLERES CIENTÍFICAS: foto ou debuxo, nome, data e lugar de nacemento, por qué foi importante, seu lema e algúns datos curiosos...

Tamén realizaron un EXPERIMENTO que nos permitiu poñerlle luz á nosa mascota FONTUGA!!

As nenas e nenos de infantil coñeceron a JANE GOODALL e a DIAN FOSSY, AMIGAS DOS GORILAS!

Achegamos o álbun con algunhas fotos das xornadas, organizadas coa colaboración do equipo TIC!

   

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

BOLBORETAS EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA

ESTAMOS EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA.

Para conmemorar o 25 N, as nenas e nenos elaboraron "BOLBORETAS POLO VENTO" que aletean libres.

COMO DIXO ROSALIA DE CASTRO en 1858:

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> BOLBORETAS POLO 25 N
Distribuir contido


by Dr. Radut