Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Educación Física

Fotos de paseíños e facendo deporte ao aire libre!

Ola familias: 

Aquí tedes unha foto do profe Luis M. dando un paseíño nesta fase nova de desconfinamento. Recordade que é 1 hora ao día, así que debemos aproveitalo.

Se queredes podedes enviar a este enderezo electrónico efceipfontes@gmail.com as vosas fotos de paseos en familia.

Moita saúde e ata pronto!

                                         

SESIÓNS DO 11 AO 15 DE MAIO 2.020.

Moi boas a todos e todas:

     Espero que sigades en forma e con moita saúde. Agora xa podemos pasear e disfrutar da natureza pero non  podemos relaxarnos e temos que seguir tomando precaucións xa que o bichiño aínda anda entre todos nós. Tranquilidade e paciencia, xa que as cousas van indo a mellor lentamente.

    Neste trimestre atípico sin clases presenciais traballaremos sobre todo contidos e estándares de apredizaxe relacionados cos xogos cooperativos (en familia),técnicas de quentamento e de estiramento, hábitos saudables e de limpeza e a expresión dinámica.

 

SESIÓNS:

Aquí tedes dous vídeos explicando aos vosos cativiños e cativiñas a historia do Coronavirus clic e a importancia do lavado de mans clic.

E. Infantil:

Calentamiento inicial e partes do corpo clic

Circuito casero clic

Técnicas de relajación: Mindfulness clic

1º e 2º:

Exercicios de coordinación e resistencia clic

Expresión dinámica: Baile do movemento clic

3º e 4º:

Equilibrio e coordinación óculo-manual clic

Velocidade clic

Dance Kids clic

5º e 6º:

Xogo da Oca deportiva clic

Exercicio de cardio e GAP clic

Exercicios para entrenar fútbol na casa clic

Exercicios de estiramentos e alivio de dor de lombo(espalda) clic

 

                                                   

 

 

 

SESIÓNS DO 04 AO 08 DE MAIO DO 2020.

Ola familias, nenos e nenas:

Supoño que estaredes un pouquiño máis contentos e contentas porque pouquiño a pouco estamos a recobrar a nosa normalidade social.

Un paxariño me dixo que os vosos fillos e fillas se están portando moi ben e lles están facendo moito caso ás autoridades sanitarias.

Xa sabiamos que isto era unha carreira de fondo... e falando de carreiras, espero que esteades a facer exercicio físico todos os días

Éstas son as sesións para esta semana:

SESIÓNS:

E. INFANTIL:

Beneficios da Psicomotricidade clic

Circuito de Psicomotricidade clic

Coordinación e habilidades motrices básicas clic

 

 

E. PRIMARIO:

1º e 2º:

Sesión inicial clic

Propiocepción, coordinación motora, cirtuito psicomotor, desprazamentos e destrezas, estimulación mental, manipulación e adiviñas. clic

 

3º e 4º:

Expresión dinámica. Canción "Soy una taza" clic

Seis retos interesantes clic

5º e 6º:

Zumba kids clic

Traballo da coordinación e da forza clic

Ioga para nen@s clic

 

     

                                   

 

 

 

 

SESIÓNS DO 27 AO 30 DE ABRIL DO 2020.

 

Moi boas:

Aquí tedes novas sesións de Psicomotricidade e de Ensino Primario.

Recordade que sempre que fagamos exercicio físico hai que quentar moi ben os nosos músculos e ao finalizar facer uns estiramentos adecuados. Facer ate onde se poida e os exercicios que teñan moita dificultade ou produzan dolor non se deben de facer

Imos pois coas propostas desta semana.....!

 

SESIÓNS:

E. Infantil (Psicomotricidade):

Repasamos as partes do corpo clic e un novo circuito para traballar en familia clic

E. Primario:

Exercicios quentamento clic

Exercicios de estiramentos e movilidade articular clic

1º e 2º:

Entrenamento funcional I clic

Entrenamento funcional II clic

Ioga con animais clic

3º e 4º:

Rutina clic

Reto motriz clic

Rutina de aerobic infantil clic

5º e 6º:

Exercicios de forza e flexibilidade clic

Exercicios por parellas clic

Retos cooperativos clic

 

                                             

 

Sesións do 20 ao 24 de abril do 2020

Ola!

Aquí tedes as sesións de Psicomotricidade e E. Primario para esta semana. Recordade nenos, nenas e familias que debemos facer exercicio físico todos os días, se é en familia moito mellor...

Espero as disfrutedes !

 

SESIÓNS:

 

Pscomotricidade (E. Infantil):

Un  circuito moi divertido clic 

1º e 2º de E. Primario:

Traballamos a coordinación motriz clic e sete xogos divertidos clic

3º e 4º de E. Primario:

Kids work out clic  e ioga clic

5º e 6º de E. Primario:

Estiramentos ativos clic e reto clic

 

                                                        

 

 

Organización das sesións de E.F. no TERCEIRO TRIMESTRE.

 

Estimados nenos e nenas, familias:

     Xa sabemos que este terceiro trimestre vai ser un pouco complicado por mor do Coronavirus. Non temos clases presenciais e a miña materia é un pouco complicada de impartir de xeito virtual.

    No colexio decidimos respetar o horario que tiñamos dende principio de curso e a partires de agora tentarei colgar nesta web do colexio actividades temporalizadas por semanas  para que as fagades na casa, se é en compañía da familia mellor, xa que moitas delas son actividades e xogos por parella ou de tipo cooperativo. Espero que disfrutedes moito delas.

     Aos pais , nais e titores,-as  me dirixo tamén para pedirvos colaboración xa que algunhas sesións serán moi participativas e abertas ao resto da familia.

As actividades propostas estarán moi relacionadas cos obxectivos, contidos e competencias do currículo escolar na área de Éducación Física para cada un dos cursos.

Espero que todo isto termine moi pronto e poidamos voltar á normalidade, aínda queda un pouquiño.

Moito ánimo e unha aperta moi grande!

 

                                             

                                              

 

28 ABRIL: DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA!

Ola familias!

 

O PRÓXIMO MARTES DÍA 28 DE ABRIL É o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA.

 
O confinamento está a facernos descubrir outra forma de traballar a ED.FÍSICA na casa.Nesta ocasión cambiamos a R de Rúa pola C de Casa.
 
QUÉ VOS PROPOÑEMOS?
 
·      Saltar a comba: 60 saltos para 6º,50 para 5º, 40 para 4º, 30 para 3º, 20 para 2º e 10 para 1º e para  Infantil movendo a comba no chan saltar alomenos 3 veces dun lado ao outro...pero poden facer as que queiran.

·      Bailar en familia a seguinte coreografía: enlace clic (Tedes varias coreografías, elexide a que vos guste máis)

·      Contar os pasos de todo o día.

 ENVIADE os vídeos de todos estes retos ó seguinte email: efceipfontes@gmail.com

 

 Animádevos a participar!!!

 

 

               
  
  
  

CAMPO A TRAVÉS NA PRAIA LADEIRA.

 

 Os alumnos/as de 2º, 3º, 4º e 5º de E.P., participaron na carreira Campo a través na praia da Ladeira.

 

 

XORNADA DEPORTIVA

 

ESCOLAS MUNICIPAIS DE BALONCESTO E FÚTBOL-SALA.

Esta semana estiveron no noso colexio dous monitores deportivos do Concello de Baiona: Pepe , monitor de Fútbol-Sala, e David, monitor de Baloncesto. Estiveron impartindo unha sesión con cada grupo de educación primaria. Fixeron xogos relacionados con esos dous deportes que tanto nos gustan e animaron ao noso alumnado a que se apunten ás actividades en calquer colexio baionés.

Os teléfonos para os interesados,-as son os seguintes:Resultado de imagen de dibujos deportes

676168987

617902730

986356558

 

Distribuir contido


by Dr. Radut