Skip to Content

                      

 

 

 

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Surf

A semana pasada as clases de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fomos á praia de Patos a facer surf.

Podedes ver as imaxes que recollen algúns dos momentos da nosa mañá a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Surf

Graduacións curso 2023-2024

Preme na imaxe para ler o programa!

OBRADOIRO DE MINDFULNESS

Fai uns días tivemos a sorte de contar no cole coa presenza de  Yaiza, instructora de ioga e mindfulness, quen nos impartiu varios obradoiros de Mindfulness tanto ao alumnado como ao profesorado.

A práctica do mindfulness é positiva para todos os nenos e nenas axudándolle a relaxarse, a pensar e a  tomar conciencia do seu corpo, as súas emociòns e os seus pensamentos.

 PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO.

Programa Festival FIN DE CURSO 2024

PREME NA IMAXE

Xogos Populares 4º EP

O xoves 23 de maio a clase de 4º de EP asistiu a unha Xornada de Xogos Populares en Gondomar.

Na actividade participaron os colexios do Val Miñor.

Deixamos unhas fotos e un vídeo que resumen o realizado durante toda a mañá.

VÍDEO

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Xogos populares 4º

Taller de Primeiros Auxilios

O mércores 22 de maio tivemos no centro un membro do 061, que impartiu un taller de Primeiros Auxilios a todo o alumnado.

Comezamos todos/as xuntos/as cunha charla sobre como actuar en situacións de emerxencia: pasos a seguir, onde chamar...

Tamén nos deu a coñecer os diversos medios sanitarios de emerxencia que existen: ambulancias, helicóptero...

A continuación fomos asistindo por grupos para realizar unha parte máis práctica, na que a través dunha situación de emerxencia fomos poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e rematamos practicando a Reanimación Cardiopulmonar.

Podedes ver algunhas fotos a seguir.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Primeiros auxilios

Taller de hixiene bucodental

O luns 20 de maio realizamos un taller de saúde bucodental coa colaboración do equipo da Clínica Romeo.

Todas as clases asistiron á actividade, na que recibiron información importantísima sobre o coidado da súa boca, ademais de realizar algunhas actividades prácticas sobre cepillado dos dentes e da lingua.

Podedes ver algunhas imaxes a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Hixienista

Está soando...

Letras Galegas 2024

O pasado xoves 16 de maio, tivemos a oportunidade de desfutar no noso centro do concerto que ofreceu o grupo Ardelume con motivo do Día das Letras Galegas.

Puidemos escoitar, entre outros, ritmos de mazurca, pasodobre e, como non, a canción sobre a homenaxeada deste ano, Luisa Villalta, composta polo mestre Samuel Soto Macía.

Moitas grazas pola vosa música!!

Álbum: Sen categoría -> Letras galegas

Visita a Baiona 5º EP

O xoves 9 de maio, o alumnado de 5º de Primaria fomos ao centro da vila de Baiona. 

En primeiro lugar visitamos a Casa do Concello, onde guiados pola concelleira Nuria Leyenda fomos percorrendo as disintas dependencias. Tamén tivemos a ocasión de falar con distintos traballadores/as, facerlle unha entrevista ao Alcalde e, como sorpresa final, puidemos subir a torre para apreciar as marabillosas vistas da nosa vila.

A continuación fomos a "Carabela Pinta" e a Casa da Navegación. Nestes dous sitios puidemos coñecer máis sobre a historia de Baiona.

Por último, rematamos a mañá descansando no Parque da Palma.

Podedes ver algunhas fotos a continuación.

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Baiona 5º EP
Distribuir contido


by Dr. Radut