Día Mundial do Consumidor 2016
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, celébrase todos os anos o 15 de Marzo.
Celébrase nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F. Kennedy, pronunció un discurso ante o Congreso do seu país, sobre osdereitos dos consumidores. Uns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar todos os 15 de Marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.Este día realízase co fin de aumentar a conciencia en todo o mundo sobre os dereitos que teñen os consumidores, promover e tamén esixir os seus dereitos fundamentais.
Consumo Responsable
- É moi importante pensar antes de mercar.
- Tomar conciencia da orixe dos produtos que se usan, como son e por quen están feitos.
- Ver á xente, por detrás de cada produto que mercamos.
- Estar ao tanto dos impactos sociais e ambientales dos produtos que mercamos.
- Evitar artículos desbotables , rexeita bolsas de plástico son mellor as de tea , papel...
- Consumir produtos que non teñan traballo escravo ou traballo infantil.
- Non deixarse enganar pola publicidade.
- Pensar onde vai a terminar o produto que mercamos cando se convirta en lixo.
- Se non pagamos o precio real dalgún produto, sempre se paga dalgunha maneira , xeralmente é o medio ambiente coa sobreexplotación dos seus recursos naturais ou cunha maior contaminación .
Tamén poden pagala os traballadores coa violación dos seus dereitos laborais ou con soldos indignos.
Elexir produtos cuxa procedencia saibamos que cumpre estándares éticos máis esixentes, como os produtos de comercio xusto.
É moi importante educar aos nenos/as para que practiquen un consumo responsable ,que entendan o que é o valor real do que se merca máis aló do prezo da etiqueta.
ANTES DE MERCAR, REFLEXIONA!
EQUIPO DE BIBLIOTECA CEIP FONTES-BAÍÑA