Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo de Biblioteca

No curso 2020-2021 O Equipo de Biblioteca Escolar está integrado polos seguintes mestres: 1. Fernández Ruiz Luis María 2. Romero Filgueira Marcos 3. Souto Valiñas Judith Coordinadora: Fernández Colmenero Noelia

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa, do 6 ao 10 de marzo, traballamos nas aulas unha noticia da Voz de Galicia:

" La escultora de Pontevedra que lleva años guardando su cabello en cajitas"

Podedes acceder á noticia clicando no titular.

Como nos gustou tanto, decidimos crear as nosas obras utilizando periódicos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Semana da Prensa

Contacontos - Sabela Gago

O venres 10 de marzo o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron un contacontos a cargo de Isabel Gago.

Podedes ver unha mostra do ben que o pasamos nas fotos e no vídeo adxunto.

 

Vídeo - Isabela Gago

Álbum: Curso 2022-2023 -> Isabel Gago

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA- 2023

Polo día da Muller e a Nena na Ciencia recibimos a visita de dúas mamás do centro, Almudena e Vanesa, que nos mostraron algunhas das tarefas que realizan no seu día a día. 

Podedes ver as actividades que realizamos en fotos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da Nena e da Muller na Ciencia

SEMANA DA CIENCIA

Pola Semana da Ciencia, convertímonos en CIENTÍFICAS e CIÉNTIFICOS.

Podedes ver algunhas imaxes sobre os experimentos realizados.

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Semana da Ciencia

Novembro mes da ciencia

Este mes na Biblioteca do CEIP somos CIENTÍFICAS e CIENTÍFICOS !

Clica nos enlaces para ver os nosos experimentos:

 

https://youtu.be/9JURQURUW4w

EXPERIMENTOS- PARTE 2 

 


 

Día das Bibliotecas Escolares *2021*

Se queres ver as actividades realizadas para conmemorar o 24 de outubro, DÍA das BIBLIOTECAS ESCOLARES, preme no seguintes enlace:


ACTO DE INAUGURACIÓN DA BIBLIO

 

 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS *VERÁN 2021*

CLICA NA IMAXE PARA VER AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS !!

 

 

 

O equipo de Biblioteca deséxavos un verán cheo de  LECTURAS con:

*AVENTURAS

*MAXIA

*ALEGRÍA 

*IMAXINACIÓN

e moitas moita DIVERSIÓN !!

...Ata pronto !!

OBRA DE TEATRO DANIELA PIRATA

 As alumnas e alumnos de 6º curso de Educación Primaria interpretaron o conto: DANIELA PIRATA para conmemorar o 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-
Nun principio tiñamos previsto que actuaran para Educación Infantil pero o éxito da obra foi tan grande que finalmente fixeron pases para toda primaria!
A continuación podedes acceder ao vídeo coa fantástica interpretación!!
NORABOA!!!
 

Videoconferencia con LEDICIA COSTAS!

O alumnado de 6º de primaria falou por videoconferencia con LEDICIA COSTAS!

Fixéronlle moitas preguntas que Ledicia respondeu de moi bo agrado!

Agora xa sabemos un pocuo máis dunha escritora que comezou a súa andaina na infancia, con tan só 6 anos de idade.

GRAZAS INFINITAS e ata o próximo curso. Teus libros forman parte do noso proxecto lector!

Distribuir contido


by Dr. Radut