Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

1º Ed. Primaria

Xogos en grupo no patio

Como o compañerismo é a base dunha boa convivencia, estamos fomentando os xogos de grupo no recreo.

Estamos disfrutándoo un montón!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xogos recreo 1º EP

Lecturas compartidas

Hoxe comezamos unha nova actividade no cole na hora de ler

AS LECTURAS COMPARTIDAS

Ata final de curso, realizaremos a hora de ler dos venres no patio e compartiremos ese tempo cos compañeiros e compañeiras doutras clases

Será unha experiencia moi enriquecedora para todo o alumnado

Álbum: Curso 2022-2023 -> Lecturas compartidas

Aula Multisensorial

O alumnado de primeiro de Educación Primaria experimentou na Aula Multisensorial  do cole unhas novas experiencias moi gratificantes.

Álbum: Curso 2022-2023 -> EF - aula multisensorial

Contacontos - Sabela Gago

O venres 10 de marzo o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tiveron un contacontos a cargo de Isabel Gago.

Podedes ver unha mostra do ben que o pasamos nas fotos e no vídeo adxunto.

 

Vídeo - Isabela Gago

Álbum: Curso 2022-2023 -> Isabel Gago

Día Internacional Da Muller

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

VISITA NATURNOVA

No primeiro trimestre, os grupos de 1º e 2º de Primaria visitaron o CENTRO INTERACTIVO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, Naturnova Afundación

Aquí deixamos unha pequena mostra da súa mañá:

Álbum: Curso 2022-2023 -> Saída a Naturnova

3º Trimestre

A planificación do traballo a realizar no 3º trimestre en 1º de primaria organízase da seguinte forma:

- De luns a venres, entre as 8:30h e as 9h da mañá as familias reciben un correo electrónico coa tarefa correspondente.

 - As familias reenvían as tarefas para ser correxidas.

- Mantemos un contacto directo todos os días, tanto cos nenos como coas familias a través do Whatsapp.

- Utilizamos Cisco Webex para facer algunha videoconferencia conxunta ou en grupos reducidos.

 

TAREFAS ALUMNADO DE RELIXION DE 1º. 23 - 4 - 20

PREME PARA VER A TAREFA

Distribuir contido


by Dr. Radut