bibliotecas

 

 

Recomendámosche

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Desde a Biblioteca quixemos sumarnos á celebración do Día Internacional da Muller facendo unha escolma de obras literarias. Todas teñen algo en común, adivíñalo?

 

LECTURAS SOBRE EMOCIÓNS

Na Biblioteca podes atopar un gran número de lecturas dedicado ás emocións, que é o proxecto deste curso, "As emocións a través da música".

Seguro que che gustan!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SOBRE O DÍA DA PAZ

Istas son os libros que poñemos á vosa disposición na Biblioteca do cole para a celebración do Día da non violencia e da paz.

Agardamos que vos gusten.

 

 

 

LECTURAS SOBRE MÚSICA

Aproveitando o tema do noso proxecto "As emocións a través da música", e co gallo da celebración da patroa da Música, Santa Icía, presentamos unha escolma de obras relacionadas coa música como biografías de compositores, libros con cancións, contos con música, etc. que están na Biblioteca do centro.

Agardamos que vos guste!

SIMPLEMENTE CIENCIA

DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA

A través das súas 32 páxinas, os libros mostran todo un mundo de curiosidades que viran ao redor de diferentes temas como a auga, os materiais, a enerxía.... Coas súas ilustracións amenas e divertidas (tamén aparece material fotográfico pero en menor medida), descóbrennos o tema central do libro. Non faltan datos curiosos ou personaxes influintes. O libro termina cunha enquisa sobre os contidos expostos e cun índice de palabras chave.

É unha colección moi interesante, divertida, curiosa e amena para nenos a partir de 6 anos.

COCO, CANELA Y ANÍS

DISPOÑIBLE NA BIBLIOTECA

Colección de obras protagonizadas por Coco, Canela, Anís e Micifuz: seis tomos que levan títulos como “La caja”, “El secreto”, “El papel”, “La pelota”, “El pensamiento” e “El palitroque”. O ilustrador é Gustavo Roldán, que consigue imaxes dunha simpática movilidade en tonos negros e vermellos; e, como incentivo engadido, unha partitura que pecha os volumes, onde Carmelo Lajara Maiquez pon pentagramas e ritmo aos protagonistas.

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.

CORRE CORRE, CABACIÑA

Dentro da celebración do Samaín, o alumnado de 4º de Primaria representou o conto "Corre corre, cabaciña" que podedes atopar na Biblioteca.

LECTURAS PARA O VERÁN

 

Como cada fin de curso, gústanos ofrecer unha serie de recomendacións para ler e ter no verán ... miles de aventuras!