Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Entradas blog blogspot

24 de Outubro, Día das Bibliotecas, de todas as Bibliotecas!

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

 O lema deste curso escolar é

'Bibliotecas, sempre ao teu carón'

Céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.

 

 

Para conmemorar o día tiñamos previsto a actividade DEBULENDO LENDAS CON KAMISHIBAI, da man de TARABELOS.

 

O espectáculo tivo que ser posposto ata novembro. O equipo de Biblioteca fará entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS  e presentará o

Protocolo de acceso á BIBLIOTECA. Así como a elaboración dun marcapáxinas moi especial.

Na seguinte imaxe dámosvos unha pista...

 

 

 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020-2021: XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Da man de BEA LEMA quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.

Cada LIBRO que lemos é unha ocasión para ampliar a imaxinación e aumentar coñecementos. 

En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes,ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade.

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura:en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...

MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

Día Mundial do LIBRO 2020

      

Distribuir contido


by Dr. Radut