Os días 2, 4, 9 e 11 de outubro o alumnado de 6º de primaria do noso colexio asiste a un taller para traballar o tema da Igualdade patrocinado polo Concello de Baiona e outras insitucións. A monitora Bibi tratou de facernos reflexionar acerca dun tema tan importante como é a igualadade e a discriminación por razón de sexo . O fin do programa é educar as novas xeracións nos valores que garanten a igualdade de oportunidades.