bibliotecas

 

 

CÓNTANOS - CÁNTANOS UN CONTO

Ao longo desta semana achegaránse ao centro tres nais e o profe Mino para contarnos un conto durante a Hora de Ler para festexar o Día Mundial do Libro.

O martes comezaremos con "Bogo Quierolotodo" de NubeOcho Ediciones, a interesante historia dun zorro que decidiu facerse inventor, contado polo profe Mino. Dispoñible xa para o préstamo na Biblioteca.

 

O mércores teremos o conto de "Os sete cabuxos" contado por Mª Jesús, a nai de Manuel.

O xoves será Vicky, nai de Antía e Lucía, quen se achegará ao cole para contarnos "No me han invitado al cumpleaños" de Susana Isern.

 

E hoxe martes, teremos a Delia que nos contará-cantará un poema de Rosalía de Castro titulado "O Moucho" e que está no libro-disco "Pan de millo" de Migallas.

 

Moitas grazas a todas as nais e ao profe Mino por vir ao colexio a ler!