Skip to Content

                      

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Xaneiro 2020

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro é  DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e no cole celebrámolo na compaña do Moucho Moure e máis o Mouro Moure que nos fixeron viaxar a lonxanos bosques cheos de criaturas e animais marabillosos... na compaña dos nosos novos compañeiros do CPI Cova Terreña .....ademais tivemos a ocasión de desfrutar da CICLIBIBLIOTECA .....asegúrovos que foi unha xornada inesquecible!!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPURGO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

 

Neste curso 2019-20 estamos renovando os fondos da nosa biblioteca e retirando os materiais obsoletos xa que seguindo as instruccións de Bibliotecas Escolares de Galicia a colección debe respostar as necesidades actuais das persoas que as utilizan tanto a nivel lectura como a nivel informativo e cubrir ademais todas as áreas de aprendizaxe propias do noso centro educativo. 

VISITA SUSA HERRERA

O 23 de setembro visitou o noso cole: Susa Herrera para a presentación do seu novo libro " En Cabarceno se oye cantar" a verdade é que foi unha xornada ben divertida e musical....cantaron dende os máis cativos aos máis grandiños ....comezamos un novo curso na biblio do CEIP Fontes Baiña....o cal vén cardadiño de novidades....estade ben atentos/as!!!!! 
 
 
 
 
                
 
 
 


by Dr. Radut