ANPA DO CEIP FONTES BAÍÑA
FAITE SOCIO/A!
XUNTOS PODEMOS FACER MÁIS COUSAS
Quen somos?
Somos un conxunto de familias implicadas na educación dos nosos fillos e fillas con ganas de impulsar e de desenvolver proxectos e actividades para complementar a súa formación, así como fomentar a convivencia entre a comunidade educativa.
Actualmente, a maioría das familias do cole son socias da Anpa. O noso obxectivo é chegar ao 100%. Xuntos teremos máis voz e poderemos facer moitas máis cousas.
Qué facemos?
Participamos no proxecto educativo do centro, xestionamos o comedor, as actividades extraescolares e outros servizos, colaboramos no mantemento e mellora das instalacións, colaboramos en distintas actividades organizadas polo centro como as orlas de fin de ciclo, excursións, saídas, magosto, festas de fin de curso, visita de papá Noel, ect...Somos un enlace entre as familias e o centro para atopar solucións aos temas que nos interesan e nos preocupan.
Cómo participar
Podes asociarte á ANPA cubrindo o formulario de inscrición que atoparás no seguinte código Qr e facendo unha achega anual de 15€ por familia no seguinte n.º de conta do Santander: ES48 0049 4368 9429 1005 2764, indicando o nome completo do neno/a e o curso.
https://forms.gle/isbKUREpt6Yqwq9m7
Se necesitas máis información ou participar na asociación dun xeito máis activo, escríbenos a: anpafontes@hotmail.es